Gastos da parroquia de Pontecesures por varias actuacións na Igrexa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na publicación relixiosa quincenal da parroquia de Pontecesures «Pobo de Deus», ven reflectido un gasto de 4.800 euros para as seguintes actuacións mna Igrexa Parroquial:

-Restauración e pintado da imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, 1.100 euros.
-Restauración e pintado da imaxe do Nazareno, 600 euros.
-Instalación de novas portas laterais no pórtico, 2.700 euros.
-Pía bautismal, 400 euros.

A Asociación do Sagrado Corazón entregou ao párroco 550 euros en concepto de donativo, e tamén foron recadados pola parroquia outros donativos de particulares nunha contía de 750 euros.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.