Nota íntegra do goberno local de Pontecesures sobre as acusacións do BNG en canto á feira do automóbil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES

Ante a nota publicada nos medios de comunicación no día de hoxe, con acusacións graves contra este goberno xa que se nos acusa de boicotear a Feira de Automóbil Clásico a celebrar a vindeira fin de semana organizada pola asociación ??Mirándolle os Dentes?, queremos contestar o seguinte:

1-Comezaron as obras do FEIL pola praza do monumento ao ??Coche de Pedra? por seren a única zona das rúas centrais non afectada por servizos de Gas Galicia, Unión Fenosa ou Telefónica. Era necesario comezar a actuación canto antes, pois os prazos de execución das obras deste Fondo Estatal son limitados. Coa obra en curso e xa na rúa Sagasta se está a coordinar cos titulares dos servizos as actuacións a realizar para que non afecten aos mesmos a aos seus usuarios (incluso con soterramento de cableado eléctrico.). Tamén podería comezar a obra da Plazuela pero neste caso estaba pendente a cuestión da autorización de Patrimonio.

2-Está perfectamente informada desta circunstancia a asociación organizadora do evento, que coñece as razóns técnicas cando se lle contestou en relación coa petición de autorización para a celebración dos actos en todo ó que atinxe a terreos municipais.

3-Por suposto, os días da feira deixarase o máis amplo espazo posible para a celebración dos actos. Así mesmo, quedará a zona de obras perfectamente sinalizada.

4-Non queremos entrar en polémica con ninguén en relación coa feira. O concello colabora en cuestións de policía local, protección civil e outras como a autorización para utilizar un pedestal de titularidade municipal. Naturalmente desexamos que o evento teña o maior dos éxitos.

5-Trata o BNG de Pontecesures de enredar e de facer política coa feira. Este goberno nin boicotea nin ten porque vingarse de ninguén. Da a sensación que teñen sempre na cabeza o ocorrido en moitas ocasión cando o alcalde anterior presidía a corporación que sería, sen dúbida, quen para adoptar decisións para prexudicar calquera iniciativa de persoas que non lle foran afíns. Claro que o ex alcalde adoptaba prácticas totalmente rexeitables e antidemocráticas de ??ordeno e mando? (a prohibición de utilizar a fotocopiadora aos membros da oposición, as presións sobre a asociación de Protección Civil retirándolle o vehículo, a condena na Xustiza por presionar a traballadores nas eleccións sindicais, o cambio de pechaduras para que non entraran nas oficinas membros do seu goberno, etc?) Que estén tranquilos agora os nacionalistas. Estas pácticas foron erradicadas.

6-Non é ningunha sorpresa a cualificación dos nacionalistas respecto a feira do automóbil antigo e de ocasión organizada polo concello. Todos coñecemos o seu posicionamento e porque está escorado o BNG . Por iso non imos entrar en máis discusión. Tan só dicir que estamos satisfeitos do noso evento.

Pontecesures, 10 de maio de 2009


1 comentario

Martin T. · 13-05-2009 a las 12:04

Digades o que digades penso o mesmo. Se coindira coa vosa «feira» non pasaría isto.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.