O xardín botánico de Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Lamentable, de vergoña allea, coma para chorar, eu non sei xa cantos tristes sentimentos se poden espertar a quen cun mínimo de sensibilidade, gusto e sinxelo sentido común, se adentre no fermoso, exemplar e verde xoia do espacio do xardín botánico padronés e comporbe o deterioro que certas persoas (¿) en auténticos actos de vandalismo máis que vulgares gamberradas, levan cometido en tan idílico coma relaxante lugar.

Vale máis o ocio e unha placenteira hora neste paradisíaco lugar que o mellor estimulante ofármaco.

Pezas de pedra dunha artística fonte detrozada, falta de indicadores cos nomes de moitas plantas e árbores, pintadas a esgalla nos antes bonitos bancos de madeira, e ata no tronco das mesmas árbores. A funcional casiña de servicio dos xardiñeiros da verdadeiro noxo. Para que seguir.

¿Qué pensará o profesor Rodríguez Dacal que con tanto interés e mimo, coma os xardiñeiros cuidadores, de tal situación?

Declarado xardín botánico.artístico, patrimonio nacional, galego e padronés, e polo tanto de todos, o propio alcalde padronés se lamentaba na prensa da súa situación. Está claro que se rpecisa algo máis contra estes desmáns. ¿Ou non?

José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón. TIERRAS DE SANTIAGO, 12/05/09

Categorías: Opinión

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.