Moción do BNG de Pontecesures sobre os transxénicos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González, concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures, presentan a seguinte moción para seren tratada na sesión plenaria do 25 de maio de 2009.

ORGANISMOS MODIFICADOS XENETICAMENTE (OMX)

Exposición de motivos:
Recentemente, varias empresas transnacionais teñen solicitado ensaios co millo transxénico ao Ministerio de Medio Amnbiente nos municipios galegos de Arzúa, Cahnatada, Mesía, Ribeira e Vilalba ao abeiro da normativa existente.
Non existe un coñecemento científico suficiente como para valorar axeitadamente as consecuencias da producción e uso de OXM e os seus derivados. Existen algunhas investigacións sobre as marxes de seguranza no tocante á dispersión de xenes nos ecosistemas, máis tamén nas probas de dispersión de sementes transxénicas teñen para os productores, establecendo relación de dependencia coas multinacionais productoras. Existe coñecemento suficiente sobre problemas de saúde que os productos obtidos de plantas modificadas xeneticamente poden ter nalgunhas persoas. Existe un grande coñecemento da incicdencia que o cultivo de plantas transxénicias ten sobre a diminución das bioversidade. En calquera campo de investigación é necesario respectar o principio de precaución. Isto é particularmente importante nun ámbito, o dos OMX, cunha relevancia social, sanitaria e ecolóxica tan evidente.
A manipulación xenética está inso da man dunha crecente mercantilización dos recursos xenéticos que pón en perigo a autonomía de decisión sobre os nosos sistemas productivos e a seguranza de alimentar o oligopolio dos mercados de sementes, agroquímicos e alimentarios; e tomando a nosa alimentación cada vez máis dependente dun feixe de grandes empresas transnacionais.

Por todo isto, e porque o BNG é unha jformación firmemente comprometida con desenvolvemento sostible do País.

Propoñemos ó Pleno da Corporación que aprobe o acrodo de DECLARAR O MUNICIPIO DE PONTECESURES COMO ZONA LIBRE DE TRANSX?NICOS e se acompañe das seguintes medidas:

1.Facer pública a oposición do noso concello ao cultivo e comercialización de todas as prantas modificadas xeneticamente e aos alimentos que con elas se elaboran.
2.Ditar as ordenanzas municipais pertinentes para que se declaren insalubres e nocivas non autorizables en ningunha parte do municipio.
3.Facilitar información e promover o debate público sobre os efectos que o cultivo e o consumo de transxénicos supón para a saúde.
4.Asumir o compromiso de que nos establecementos dependentes do co concello, non se consuman alimentos que leven este tipo de organismos modificados xeneticamente.
5.Solicitar ao Consello da Xunta de Galicia que inicie os trámites normativos necesarios para conseguir que Galiza sexa un dos territorios da UE libre de cultivos transxénicos.


1 comentario

Antonio Cortés · 17-05-2009 a las 02:19

¿ Non é un pouco excesivo vetar a tódolos OMX ? Só hai constancia, ata o momento, de problemas cos millos Monsanto (MON 810).

Coido que antes de plantexar poñernos en contra deles debería haber un debate sobre o que son, o que implican e o que significan.

Non ten moito sentido, prohibir e logo, tal como se indica «facilitar información e promover o debate público», a orde sería a inversa: Primero debatese e logo plantexase a medida a tomar.

Forman parte do día a día moitos productos OMX, algúns deles creados con novos métodos e outros máis clásicos.

Está claro que hai que mellorar os productos para adaptalos á novas necesidades: máis duración, defensas ante plagas, incremento ou regulación de propiedades (nutricionais e similares). Eu son dos que creen que deben estudiarse melloras sempre para atopar, por exemplo, que as uvas sexan inmunes ás enfermedades actuais, as patacas, as mazás. Gracias a esto impediriamos votar tanta quimica que o final vai os regatos ou permanece no terreo.

Como todo estudio, este debe ser claro e avaliarse o impacto, presente e futuro, pero decir que non ós tranxenicos sin entrar en cales si, cales non, e cales son as particularidades de cada un coido que é un erro.

P.D.: Poucas veces comento nada, pero este é un tema de «ciencias» que sempre me chamou a atención, por que moitas veces falase del coma cando se fala de política ou futbol: Con afirmacións categoricas do tipo «Ou está ben ou está mal». Non é o mesmo un tomáte tranxenico, creado para ser cultivado en terrenos salinos (donde non era posible), que outro que é modificado xeneticamente para que teña o cheiro de rosas (que aino). Non é o mesmo un Girasol tranxénico deseñado para soportar as sequias ( aillando o xen Hahb4), que os tomates modificados para que teñan unha maduración retardada (para conseguir controlar as datas de maduración e que é simplemente comercial).

Responder a Antonio Cortés Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.