Tentan roubar gasoil dun camión do almacén de froitas da Avda. de Vigo.
Na madrugada do martes 19 ao mércores 20 de maio, foi substraído gasoil deste camión que se atopaba estacionado nunha finca fronte o propio almacén de froitas. As garrafas,ou bidóns,foron introducidas no maletero dun Renault 21 con matrícula de León. O delíncuente ou delicuentes, por avaría, non lograron, ao parecer, arrincar o vehículo que traían, e así fuxiron do lugar deixando abandoado o vehículo e tamén o gasoil procedente do camión.
Hoxe, día 20, a Garda Civil fixo a inspección ocular, tratando de obter pegadas para o esclarecemento destes feitos.
0 comentarios