¿Recollerán o guante?

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Do acto que se celebrou no Concello padronés con motivo da cesión por parte de Baltar Feijóo dun documento do 1492 polo que Padrón traspasa os seus dereitos sobre a sal, ó porto de Carril quero deixar aquí constancia da intervención no turno de oradores, todos eles moi documentados e amenos, do párroco de Santiago de Padrón, Roberto Martínez que non desaproveitou a oportunidade para reclamar a restauración e posta ao día do antigo museo sacro que ocupa un baixo dunha casa dos coengos en Iria. Foi mais alá ao anunciar que está tramitando para que se proceda polo Vaticano ao refrendo oficial como basílica a ex-colexiata de Iria.

Neste senso e para que pide a colaboración de todos os estamentos e do pobo en xeral, lembramos que cada ano dende fai 17, a Asociación Adina de Iria, ven celebrando unha xuntanza na véspera da Pascuiña con actos e comida de confraternidade incluida, polo que a pregunta surxe por si sola, ¿ non deberían tamén involucrarse nestas e outras semellantes causas na parroquia ? ? Ahí está asemade a vella casa parroquial, sumida no abandono e sen utilidade algunha. E se bota de menos a iluminación da fachada do histórico templo iriense. A directiva de Adina, que preside o amigo Ánxel Mella, presántaselle unha ocasión de testimoniar o seu interese pola mellora da parroquia do Nobel.

Artigo de Jose Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 26/05/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.