O Pedrón máis reivindicativo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A entrega dos pergamiños de Ouro e Honra converteuse nun alegato en defensa do galego ·· Mini e Mero cautivaron coas súas verbas e a súa música ·· Houbo espazo para a lembranza

Mero, esquerda, Mini, Mariana Ploae-Hanganu, Manuel Caamaño e Fandiño ante a estela de Rosalía, na segunda fotografía.

A Fundación Pedrón de Ouro, ao fronte da que se atopa agora, a modo provisional, Manuel Caamaño, entregaba o pasado domingo na Horta da Paz da Casa Museo Rosalía, en A Matanza (Padrón), o Pedrón de Ouro, que recaía nos músicos Xosé Luís Rivas (Mini) e Baldomero Iglesias (Mero), así como o de Honra, que este ano destacou a labor da filóloga rumana a prol da difusión do galego Mariana Ploae-Hanganu.

O acto, que revestiu tintes de reivindicación, foi quizáis o máis combativo dos últimos 45 anos. Tanto os discurso do conductor do acto, Xosé Ramón Fandiño, como o do mantedor, David Otero, colaborador de Tierras de Santiago, así coma o do propio Caamaño e, fundamentalmente os de Mini e Mero, versaron sobre la loita e a defensa da lingua galega, nuns tempos «difíciles e de vendavais para a nosa fala e a nosa identidade».

Foron todos discursos apaixoado, encendidos polas barricadas da fala, pola bandeira da resistencia contra «esa longa noite de pedra que quere voltar».

Pousa Antelo, en primer termo, xunto a outros galeguistas na primeira fotografía

Tamén houbo momentos para a emoción, como a do discurso de Ploae-Hanganu, ou as lembranzas de Fandiño para con Avelino Abuín de Tembra, fundador e presidente da institución, e colaborador de Galicia Hoxe e Radio Obradoiro, o gran ausente no acto máis reivindicativo do Pedrón dos últimos anos. Pero tamén se lembraron as figuras dos grandes do Rexurdimento, e dos que fixeron de O Pedrón o que hoxe é: Octavios Sanmartín, Gustavo Santiago Valencia e Xosé Porto,entre outros.

A música das gaitas de Bico da Balouta e a das guitarras de Mini e Mero deixaron ben claro aos centos de asistentes ao acto (na súa maioría xente da cultura e as letras) que «sempre haberá unha cantiga que garanta máis de mil primaveras para a nosa lingua».

TIERRAS DE SANTIAGO, 26/05/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.