O XOGADOR DO CB RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA ÁS PORTAS DE FORMAR PARTE DA SELECCION GALEGA INFANTIL DE BALONCESTO 2009

Publicado por fru en

Outra nova para o club foi a convocatoria feita estes dias atrás ó xogador do noso club Jose Carlos García, por parte da Federación Galega, a unha xornada de adestramentos a celebrar en Santiago este próximo sábado 30 de maio, durante todo o dia. A ela están convocados os 15 mellores xogadores galegos, para escoller ós 10 que integrarán a selección galega 2009-10.

Recordamos que alá por decembro xa formara parte da selección «promesas» (xogadores de 1º ano infantil), que disputara un torneo amistoso en Lugo. Agora ten a oportunidade de formar parte selección absoluta, que disputará o campionato de España por autonomias o vindeiro inverno.

Sorte para ti, e que sirva de exemplo os teus compañeiros/as do club.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.