Aquà Radio Valga! Cumprimos dez anos!
Sábado 15 de maio de 1999, mes das flores, para moitos, o máis fermoso do ano. SerÃan sobre as 10 da mañá. Eu acababa de erguerme da cama, e coma sempre fago, encendÃn a radio e comecei a mover a roda do dial, facendo un repaso rápido polas diferentes emisoras, para escoitar algunha cousa interesante. Cando a agulla do indicador de frecuencia chegou ó final de todo, puiden comprobar que a través do espazo radioeléctrico daquel intre colábase o coñecido tema musical «soul survivor», interpretado por unha das grandes voces da música disco dos oitenta, a holandesa C.C. Catch. Dado que a min esa canción me gustaba moito, seguÃn escoitandoa, á vez que estrañado ó comprobar que nesa frecuencia do 107.9 da FM, lugar por onde se recibÃa con pouca forza o sinal da cambadesa Radio Salnés, desta vez a calidade de son era moi boa, e pensei, naquel momento, que as razóns polas cales a música soaba con forza polo meu receptor debÃase a que os de Radio Salnés cambiaran de repetidor ou que puxeran un equipo emisor máis potente…, pero todas esas especulacións viñéronse abaixo enseguida. No momento en que a canción era pisada por unha voz moi, moi familiar, que enseguida recoñecÃn sorprendido, a de meu compañeiro Chema Aboy, dicindo algo asà parecido a isto:
Estás escoitando a emisora do Concello de Valga, Radio Valga»!
Estaba a ser testemuña da primeira emisión en probas de Radio Valga, e alà estaba o seu primeiro locutor, Chama Aboy, veciño dos Martores, que estivera copresentando e codirixindo conmigo, na pequena emisora do instituto Camilo José Cela de Padrón, o programa radiofónico máis esperpéntico, e que viña sendo a radio carallada, a radio feira e a improvisación en estado puro. Para moitos é xa unha lenda na comarca do Ullán, era «Maquinillos no Horizonte». Tempos aqueles!
Nada máis saber que o proxecto radiofónico, levado a cabo polo Concello de Valga, era xa unha realidade, xa non me collÃa pan no corpo. CollÃn a bicicleta e dirixinme os estrados estudos da emisora, que, vaia coincidencia, se atopaban na parte baixa da antigua sede da «Hermandade de Labradores de San Miguel de Valga», e resultaba que ese mesmo dÃa que comezaran as emisións era a festividade de San Cidre, o santo patrón dos labregos. Ã? entrar nos estudos, vin a Chema que estaba a poñer música e pedinlle que me deixara dicir unhas poucas verbas polo micrófono, cousa que fixen dicindo catro cousas por enriba.. Durante eses primeiros dÃas en probas e emisións irregulares, a música que soaba era un vinvilo de C.C. Catch, os temas dos «Beeges» da pelÃcula «Febre do sábado noite», o «Tarzán Boy» do grupo «Baltimora» e cancións dos «Mojinos EscocÃos». Daquela a discográfica era escasa, e a música que se poñÃa era a que lle gustaba a Chema, que traÃa da casa porque na emisora pouco máis habÃa. Despois para ter música durante as 24 horas o método que existÃa era que durante o tempo que Chema emitÃa en directo, a emisión gravávase nunha cinta cassete, de 60 ou 90 minutos que posteriormente poñÃase dando voltas sen parar, ó rematar as emisións en directo, polo que durante as fins de semana se escoitaba sempre o mesmo unha chea de veces. Era a única maneira que existÃa para manter a emisión con música xa que non dispoñÃamos doutros medios nin dispoñiamos de ordenador.
Despois, ós poucos dÃas de comezar as emisións en probas, o Concello publicaba un bando no que invitaba a apuntarse para colaborar na radio a todas as persoas interesadas en facer algo neste medio. Eu, coma outros rapaces, tamén me anotei xa que ó acabar no instituto tiña mono de radio e querÃa facer outra vez, xunto a Chema, o lendario programa «Maquinillos no Horizonte». Un dÃa nos convocaron a todos os interesados na Casa do Concello, e instábannos a que leváramos algún tipo de guión ou ideas para facer programas na emisora. Laá fomos varios rapaces moi ilusionados, de idades comprendidas entre os 18 e os 21 anos, e case todos de Ponte Valga. Logo no Concello explicáronnos, máis ou menos, o que se pretendÃa levar a cabo na emisora e presentáronnos a nova directora da emisora, Teté Rocamonde, xove xornalista que estivera traballando en «El Correo Gallego». Despois da reunión di¡xéronnos que nos chamarÃan para poder comezar a emitir os nosos programas en directo. Logo, a partires de xullo, comezaban xa as emisións regulares polas mañás co programa «A Nosa Maña», magazine presentado por Teté Rocamonde, de 11 a 13 horas, e logo ata as 13:30, as «Novas da Comarca», e que nun principio contarÃa coa axuda nas tarefas técnicas de Mon, funcionario do concello. Despois polas tardes voltaba Teté cun par de horas de música.
Logo de facer un programa piloto e organizar os programas, todos os rapaces que estabamos alà nese momento cunha grande ilusión de facer radio, comezamos a presentar os programas «alternativos» a partir do sábado, 7 de agosto ás 10 da mañá, momento no que arrincaba o primeiro grupo que xa no me lembro ben quen fora. Unha hora despois, coa cabezeira de entrada da «Cabalgata das Valkirias», de Richard Wagner, voltaba o éter, pero en Radio Valga, «Maquinillos no Horizonte, con Chema e Seijas». E para a semana seguirei dándovos máis detalles sobre este programa e os inicios desta estación radiofónica.
Artigo de Daniel Seijas Llerena. «Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 31/05/09
0 comentarios