Mañá reunión dos representantes dos grupos políticos co párroco sobre a retirada dos símbolos da fachada da igrexa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será o martes, día 2 de xuño, ás 21 horas na Casa do Concello cando a alcaldesa, un representante do PP, outro do BNG e un concelleiro non adscrito, se reúnan co párroco, Arturo Lores Santamaría, para trasladarlle a moción aprobada por unanimidade no pleno por iniciativa do BNG (enmendada parcialmente na sesión) sobre cumprimento da Lei da memoria histórica, en canto á solicitude de retirada por parrte da Igrexa dos símbolos que aparecen na fachada do templo.


3 comentarios

pandorcas · 1-06-2009 a las 18:55

Por moito que borredes das paredes,das igrexas e non igrexas,non nos vai facer esquencer o noso pasado, vivido por nos ou por nosos antergos.Pareceme unha falta de respeto a TODOS.
A memoria tamen serve para pensar en positivo.
¿Como ides facer? Chamaredes aos canteiros para picar a fachada da igrexa.
HAI QUE CONSTRUIR NON DESTRUIR

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-06-2009 a las 19:11

Hai opinións para todos os gustos nestas cuestións da memoria histórica. Hai persoas que desexan que non se removan máis as cousas e, certamente, en Pontecesures, nunca escoitei, nos moitos anos que levo vivindo aquí, a ninguén que me falara das inscricións da fachada da igrexa.
Pero o BNG presentou unha moción, e a Lei da memoria histórica foi aprobada no parlamento español para que se cumpra. Haberá xente en contra da lei, claro, pero os concelleiros, e a poboación en xeral, temos a obriga de respectala.
Técnicamente non sei que labores hai que facer para retirar as inscricións, sen afectar ó valor monumental que ten o templo. Veremos que pasa.

pandorcas · 2-06-2009 a las 16:33

A memoria está en cada un e unha mameira de desfacerse dela é facer unha viaxe a San Xulian.
Se queredes borrar os nomes escritos con sangue de xente do pobo, xa que tanto molestan, podedes reinscribilos dentro da igexa e se non que menos que facerlle un monumento HISTORICO a todo esa xente.
Non esquencer que todo está escrito nos libros, se vos parece queimalos.
Direi mais no pobo quedan, por sorte,simbolos e escritos que se refiren a tempos dos antergos.Podedes repasar a historia,por exemplo de Carlos IV e logo mirar polas fachadas dos edificios do pobo. Hai outros lugares onde se ven O YUGO Y LAS FLECHAS

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.