O Exército Español «toma» o campo da Insua na Ponte.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Soldados do Exército de Terra levan tres días acampados no campo da Insua, onde hai varios camións e coches todo terreo militares.
Tamén hai na expedición mergulladores tanto do propio Exército como da Garda Civil que fan diversos exercicios e manobras no río Ulla, onde instalaron unha boia e se desplazan tamén ata a marxe de Pontecesures, na zona marítimo-terrestre.
Parece ser que varios dos soldados percorren o Camiño Portugués ata Santiago.
Hai bastantes veciños da Ponte presenciando as maniobras, sinalándose que hai uns potentes reflectores con grupos electróxenos alumeando pola noite na zona de acampada.

Tomeime a licenza de poñer un título tan chamativo para esta nova.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.