Mañá vaise presentar a oferta de emprego para contratar 10 traballadores desempregados en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A consellería de Traballo e Benestar ven de conceder unha subvención de 96.392,22 euros ao Concello de Pontecesures para contratar 10 desempregados perante 6 meses (9 peóns de construcción e 3 para a limpeza de edificios), con cargo aos Plans de Cooperación 2009.
Mañá será presentada a oferta na Oficina de Emprego de Vilagarcía. Faise un chamamento aos desempregados para que comproben os seus datos en dita oficina, pois a sondaxe por parte da administración autonómica vaise facer canto antes. Facilitase información tamén na oficina do técnico de emprego do concello. José Francisco Rodríguez Fructuoso.
A selección será realizada logo por un tribunal técnico do concello, pero en base á lista que lle envien dende Vilagarcía.


9 comentarios

manolo o do bombo · 18-06-2009 a las 21:10

Si en base á lista que envien dende Vilagarcia,e despois desojamos a margarita esta si esta no etcé,e nome veñas ca canción de angueira que fixo e deixou de facer,cambia de tocata e tocoche o bombo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-06-2009 a las 22:01

Andas doído, manolo. Sabes que imos ter un tribunal formado por traballadores do concello, e unhas puntuacións que coñeceremos todos. Os tempos das seleccións de persoal do goberno anterior están felizmente superados. Agora se informa a todo o mundo para que comproben a súa inscrición na oficina de Vilagarcía, se publican as puntuacións, se dan explicacións sobre as mesmas e, sobre todo, os políticos estamos á marxe dos procesos selectivos.

o.gcv · 19-06-2009 a las 13:13

a xente deste concello que esté anotada na oficina de emprego de villagarcía, ten que facer algo máis??? a qué edificios se refiere para a limpieza???? simple curiosidad.

manolo o do bombo · 19-06-2009 a las 15:17

Ti flipas Sabariz,non teño porque estar doido,por suerte non estou metido na politica nin fun pedir traballo o concello ,non son como ti un lambe espiñas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-06-2009 a las 17:57

A Oficina de Emprego de Vilagarcía, «o.gcv» fai unha sondaxe e envía unha lista de preseleccionados, nesta ocasión catro por praza, en base os datos con que conta (sobre todo a antigüidade no desemprego). � importante dicir que non poden optar a estes contratos aqueles traballadores que foran contratados para os plans de cooperación por máis de 9 meses nos tres últimos anos. Este é un requisito establecido pola Orde que regula este tipo de programas.
Os edificios a limpar son os municipais (Centro Social, Campo de Fútbol, Praza de Abastos, etc…).
Nin de broma creo que non estés metido en política «manolo o do bombo». Por iso vénme à cabeza unha frase pronuciada por Franco a algún dos seus ministros cando se discutían os asuntos de goberno: «Haga usted como yo, no se meta en política». Frase célebre sen dúbida.
O de que son un lambe espiñas, non o entendo. ¿Será por que me gusta o peixe?

manolo o do bombo · 21-06-2009 a las 14:16

Si sobre todo a lamprea que foi gratis,e por encima levada a casa por un traballador do concello ,esa e a ventaxa que teñen os politicos coma ti tan transparente.

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-06-2009 a las 21:36

Pero manolo. Xa expliquei no pleno o da lamprea. Ademais este peixe precisamente non ten espiñas. Ten moitas o congrio, ou o lorcho da ría. Hai que ter coidado que poden cravarse na gorxa.

manolo o do bombo · 22-06-2009 a las 11:42

Xa che dixen en mais de unha ocasion que eu non vou os plenos,ala ti se o queres creer,faste moi listillo para evadir a pregunta pero non engañas a naide ,deixemolo ahi,serias parvo de todo si non lamberas algo xa que che xuntaches con esa chumba aproveita saludos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-06-2009 a las 14:23

Non agocho nada, «manolo o do bombo». Tampouco vin ao concello a levar nada. Non o fixen cando formei parte do goberno presidido polo anterior alcalde, nin cando estiven na oposición, nin tampouco no actual goberno.
O de «serías parvo senón o fixeras» preocúpame. Os politicos están (ou estamos) moi desacreditados en xeral. Pero non xeralices, non metas a todos no mesmo saco.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.