Actos vandálicos na noite de San Xoán en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Ata o de agora, tense constancia dos seguintes:
-Foron arrincados os cadros do subministro de enerxia eléctrica do Pavillón Municipal e do Centro de Saúde. Neste último edificio foi necesaria unha actuación urxente para que tivera subministro, xa que a actividade médica comeza a primeira hora da mañá.
-Rompéronse varios cristais na zona traseira do edificio do Club Xuvenil, situado na rúa «Borobó», e houbo varias pintadas nas portas traseiras e no muro de contención que está fronte ás mesmas.
-Foi botado pegamento (Loctite ou similar) na pechadura da porta da biblioteca municipal.
-Un contedor situado a carón da primeira rampla do peirao (rúa Eugenio Escuredo) foi arroxado ao río. Na mesma rúa foi danada unha papeleira.
-Romperon a base dun sinal informativo do Miradoiro do Galiñeiro situada na rúa Ullán.

Por outra banda, tentouse queimar o contedor de cartón situado detrás da Casa do Concello, pero foi evitado a tempo.

A denuncia na Garda Civil será presentada nas próximas horas.

Este é o triste balance da noite. Sen dúbida hai xente que non sabe divertirse. Algo falla na sociedade que vivimos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.