Saúda da alcaldesa para as Festas do Carme 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un ano máis quero aproveitar este saúda, en nome da corporación, e no meu propio, para dirixirme a tódolos/as cesureños/as e aos visitantes, desexándolle unhas felices festas do Carme que este concello organiza, adicadas á Patroa dos mariñeiros, que formaron sempre parte da nosa vila, e que, co seu traballo e tesón, axudaron a construir.
Traballamos dende o Concello para ter as mellores festas posibles, sen esquecer a un grupo de veciños/as que, dispoñendo do seu tempo, colaboraron na petición das achegas das casas. Tammpouco queremos deixar de agradecer a empresas e particulares que fixeron a súa achega na conta bancaria aberta a tal fin, máis nos tempos que estamos, onde a palabra «crise» parece instalada para sempre nas nosas vidas.
Pois para combater dita crise, hai que lembrar o que dicían os nosos maiores: «nunca choveu que non escampase…»; e por iso convídovos a que todos: nenos/as e maiores, xóves e adultos, veciños/as e forasteiros/as, disfrutemos destas festas con ledicia, coma se fosen as mellores do mundo.
Unha aperta e benvidos ás Festas do Carme 2009

Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.