A peregrinación do metal chega a Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os integrantes da marcha pola defensa dos traballadores do metal, que chegarán mañá a Santiago camiñando para solicitar que a Xunta de Galicia se implique para solucionar o confilto laboral farán noite en tres pavillóns polideportivos da zona, dividíndose en tres grupos. O de Baño (Valga), o de Pontecesures e o do Souto en Padrón. Mañá saíran para Santiago todos xuntos, dende Padrón.
A Pontecesures chegaron os folguistas sobre ás 17 horas, sendo moi notable a presenza de moitos deles nos establecementos da localidade a última hora da tarde.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.