2 XOGADORES DO C.B. RIO ULLA VAN ACUDIR Á CONCENTRACI?N DE VERÁN DAS RESPECTIVAS SELECCI?NS GALEGAS

Publicado por fru en

Dende hai 2 semanas tíñamos a nova de que o noso xogador José Carlos García estaba preseleccionado para a selección galega infantil masculina. Por elo vai ter que acudir a mediados deste mes de xullo a unha concentración da selección infantil que se vai celebrar en Pontevedra, durante 1 semana. A esta preselección acuden 16 xogadores de toda Galicia, para posteriormente escoller ós 12 xogadores que representarán a Galicia no próximo campionato de España de seleccións autonómicas, previsto para principios de 2010 en Extremadura.

Ademais, a sorpresa agradable douna no día de onte Antia Sanmarco Martínez, pois foi convocada igualmente para a preselección galega alevín feminina. Tamén terá que concentrarse durante unha semana no centro de tecnificación de Pontevedra, neste caso do 20 ó 24 de xullo, e tamén pode chegar a disputar o campionato nacional con Galicia.

¡¡¡ Noraboa e sorte a ambos !!!


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.