MARCHA DE CAIXANOVA-PONTECESURES «TITO» FERNANDEZ LOGO DE CASE 10 ANOS TRABALLANDO NESTA OFICINA BANCARIA

Publicado por fru en

9 anos, 6 meses e 1 dia. Este vai ser o tempo de permanencia do lalinense «Tito» Fernández en Caixanova Pontecesures, xa que o vindeiro venres día 10 é o último día que vai pasar no seu posto de traballo connosco. Así, cando abandoe a oficina bancaria a eso das 14:30 h. dese día vai disfrutar das súas vacacións estivais, para posteriormente incorporarse ó seu próximo destiño en Caixanova – Silleda. O feito de que poida estar moito mais preto da súa casa fixo que aproveitara esta ocasión de trasladarse á súa zona de residencia.

Pediu expresamente que quere expresar o seu agradecemento por estes case 10 anos no noso pobo do trato e cariño que se lle dispensou por parte dos clientes e veciños. Asimesmo recoñece que se vai con pesar, pois para Tito traballar en Pontecesures «foi o seu mellor posto de traballo que tivera». Inda que prometeu seguir a actualidade do noso pobo e comarca, leendo a web pontecesures.net, da que é fiel seguidor.

Felicidades e sorte no teu novo posto.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.