Morreu o ferroviario Tarrío.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Aos 72 anos de idade, morreu no día de onte o veciño de Osebe, Benigno Tarrio Castroagudín, xubilado de Renfe, moi coñecido tanto en Pontecesures como en toda a comarca.
Foi Tarrio traballador ferroviario de vías e obras en toda esta zona, e incluso estivo ao cargo do paso a nivel central de Pontecesures, cando había un sistema manual e as barreiras non subían e baixaban automáticamente como agora.
Home moi alegre e falador, deixou Benigno moitos amigos na nosa vila.
O enterro tivo lugar hoxe no cemiterio de San Xoán de Calo.
Descanse en paz.


1 comentario

tita · 7-09-2009 a las 17:51

Era una gran persoa e un bó amigo..
o meu sentido pesame á familia..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.