Suso Rey: «Fixemos un grande esforzo para traer as mellores orquestras».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

De cara ás festas na honra da Virxe do Carme o concelleiro de cultura do Concello de Pontecesures, Suso Rey, admite as dificultades propias destes tempos difíciles no tocante ao aspecto económico, pero recoñece que «os veciños e os diferentes establecementos do lugar responderon fantasticamente». De feito, as festas están aseguradas grazas á contribución dos veciños de Poantecesures que chega arredor los 19.000 euros «en espera do que se poida reclamar nestes dous días que faltan», explica o concelleiro.
Os espectáculos e os actos previstos para estes días non conteñen ningunha novidade con respecto a outros actos, se ben o programa mantén un alto nivel en canto a distracións e entretemento. Por suposto, o éxito recollido pola primeira noite de chocolate con churros do ano pasado vese reflectido nestas xornadas, que repiten cunha segunda edición da festa.
Este é un dos detalles máis agradables de lembrar aos interesados por parte de Suso Rey, pero tamén engade que «o concello e os organizadores fixeron un esforzo por traer as mellores bandas e orquestras para agradar aos festeiros».
Sen dúbida estes son grandes atractivos, pero non hai que esquecer o descenso piragüistico do río Ulla, as demais actuacións e os actos relixiosos na honra da patroa das festas.
«Sempre é un gusto animar a vila, e, por suposto, tamén o vela chea de xentes de todos os lugares», remata o concelleiro de cultura.

EL CORREO GALLEGO, 04/07/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.