Andrés Quintá: «En época de crise, o inxenio e as novidades son as claves para a saída do túnel».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá, cre que é necesario «conectar» a demanda de emprego das empresas co contido dos ciclos formativos.

A necesidade agudiza o inxenio, xa o di o refrán. E «en época de crise, o inxenio e as ideas novidosas son fundamentais para sair desta situación na que se atopan os mercados a nivel mundial. As solucións non están escritas, hai que buscalas e aunar esforzos entre todos para saír adiante». Así o considera Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá, empresa líder no sector do aluminio que ten participado en obras tan emblemáticas como a Cidade das Ciencias de Valencia, a Torre Milenium, o Pabellón de Aragón da «Expo Zaragaoza 2008», a Fundación Zara ou as Torres de García Barbón, entre outras.
Par a Quintá é fundamental a formación dos nosos xoves xa que «se os traballadores non contan cunha capacitación profesional axeitada, o fracaso está garantido». «Todo aquel xoven que queira acadar unha meta na vida, ten que facer como os bos deportistas: adestrar todos os días. � dicir, primeiro ten que estudar e aprender, formarse, ter os coñecementos necesarios e despois adquirir a experiencia coa práctica». Para Anddrés Quintá existe un «desfase importante», entre a demanda de emprego das empresas e os actuais ciclos formativos. Neste senso, asegura que «levo máis de 30 anos tentando que as administracións se acheguen ás empresas para coñecer as súas necesidades e, a partír de aí, encauzar e dirixir os contidos dos ciclos formativos e potenciar a práctica nas industrias dende o primeiro ano de estudos, Un traballador é unha empresa, se queren seren competitivos, teñen que acadar a maior formación posible»

DIARIO DEA ROUSA, 05/07/09

Categorías: PersoeirosSin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.