Xa non lle interesa nin o «Centro de día» nin o «Parque Empresarial»

Publicado por bngpontecesures en

O pasado dia 27 de xuño , visitou Pontecesures o delegado territorial da Xunta D. Jose Manuel Cores Touris que foi recibido polo goberno municipal. A esa xuntanza non foron invitados os concelleiros do bng, que recordamos representan mais do 40% dos veciños do noso pobo. Isto demostra unha vez mais o talante antidemocrático da alcaldesa Maribel Castro e dos seus apoios, que «esquécense » de avisar ao BNG , tal vez sexa por que nós demostrariamos nesa xuntanza que iste goberno carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo .

Nesa reunion con Touris o goberno municipal non falou cunha voz única senon que cada membro dodesgoberno pedia o primeiro que lle pasaba pola testa demostrando a incapacidade que teñen istes personaxes para gobernar Pontecesures.

A xuizo do BNG quedaron no tinteiro proxectos tan importantes coma o poligono industrial tan necesario nestes tempos de crise para incentivar o desenvolvemento industrial e o emprego; tampouco se falou do centro de dia quedando os nosos maiores esquecidos.

O BNG querelle recordar a este desgoberno municipal que é, con claridade a primeira forza política no concello de Pontecesures, representando a unha boa parte dos veciños e veciñas e se carecen de ideas e proxectos poden revisar o programa electoral do BNG das pasadas eleccións municipais
.
Asamblea Local BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.