Incidentes nas noites da pasada semana en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na madrugada do xoves 2 ao venres 3 de xullo, un vehiculo foise contra o novo bordillo que se está a colocar fronte ao edificio da antiga Casa Loureiro, e chocou contra un aro de formigón dos que se colocan nos pozos de servizos. O aro rompeuse, e alguén do vehículo colleu un trozo de dito aro, de 2 ou 3 quilos de peso, e arroxouno contra a porta da retroexcavadora que a empresa Caamaño tiña estacionada a carón da Discoteca Maty, por mor das obras que se están a realizar na zona. Causáronse danos nos cristais da máquina. Non se identificou ao vehículo, aínda que debía levar un golpe considerable.
Por outra banda, na noite do sábado 4 ao domingo 5 de xullo, houbo unha gamberrada na praza do Coche de Pedra, actualmente en obras. Foi forzado o contacto dunha pala cargadora propiedade tamén da empresa Caamaño nas obras, e puxéronse en funcionamento as luces e o rotativo. Coa batería prácticamente esgotada personouse o empresario na zona, foi avisado pola Policía Local, para apagar o contacto.
Tamén foron rompidos, nestas pasadas noites, os enganches laterais dalgunhas vallas da obra que se está a executar nas rúas San Lois, Sagasta e Víctor García de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.