Acta da selección de tres limpadores dos programas de cooperación 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En Pontecesures, a dez de xullo sendo as 10.15 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 3 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dna. Trinidad Rodríguez Suárez que actuará de Presidenta, , polo Administrativo do Concello D. Ricardo Campos Saborido, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario. Estivo presente durante o proceso selectivo coma ointe, en calidade de representante sindical dos traballadores do concello D. Elias Sanmarco Enrique.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada un/unha dos/das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 29 de decembro de 2008 que regulan os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 10.30 h. procédese a realizar as correspondentes entrevistas entre toda aquelas persoas candidatas que, de conformidade coa oferta remitida pola oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa,presentáronse: Coral Agrasar Crespo; Felicidad Bea Romay, Rosa Mª Boullón Pena; Begoña Coira Lafuente; Avelina Cordo Carril; Inés Crespo Moure; Alberto Enrique Cordo; Mª del Carmen Fernández Freiría; Mª Monserrat García Recio; Mª del Carmen Pérez Bandín; Natalia Potel Saborido.

Non se presentou Rosa Elena Caamaño Vázquez.

Dúas aspirantes indican que non estaban interesadas no traballo, por razóns de horario Rosa Mª Boullón Pena, e por próxima maternidade no caso de Mª Monserrat García Recio

As nove candidatas restantes cubriron a a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:

Begoña Coira Lafuente………………. 6.50
Coral Agrasar Crespo…………………. 6.25
Natalia Potel Saborido………………. 6.00
Avelina Cordo Carril…………………. 5.50
Inés Crespo Moure……………………. 5.25
Mª del Carmen Pérez Bandín……… 4.75
Felicidad Bea Romay…………………. 4.00
Mª del Carmen Fernández Freiría.. 4.00
Alberto Enrique Cordo………………. 3.75

Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Begoña Coira Lafuente; Coral Agrasar Crespo; e Natalia Potel Saborido.

No caso de renuncia dalgún dos anteriores candidatos propostos, as vacantes cubriranse polo orden de puntuación que figura nesta acta.

De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.