Inaugurada a nova sede de Doselco Electricidade.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O venres, día 10 de xullo, ás 21:00 horas celebrouse a festa de inauguración desta sede situada na rúa Redondo de Pontecesures, nun baixo dun edificio promovido por Construcciones Louriño (preto do Restaurante Casa Gómez) asistindo numerosas persoas que foron convidadas á inauguración (traballadores da empresa, representantes e traballadores municipais, empresarios da zona, familiares e amigos).
Non faltou, aos postres, unha tarta conmemorativa do décimo aniversario da fundación da empresa.
Doselco trasládade así do baixo que ocupaba na rúa Deputación. Este é moito máis amplio e funcional.
Ogallá teña moitos éxitos o negocio nesta nova ubicación.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.