Máis de tres meses e aínda non hai contas da lamprea. Vaia goberno.

Publicado por bngpontecesures en

O pasado 10 de xuño o BNG solicitou via rexistro no concello a seguinte informacion: contas detalladas da Festa da Lamprea (6 de abril) mais da Feira do automovil 5-6 abril), esta última promovida e organizada dende o concello. A dia de hoxe (10 de xullo)todavia non recibimos contestación algunha, e xa pasaron máis de tres meses dende a sua celebración. ¿Como e posible que aínda non estean feitas? Ou o que é ainda peor, quérenllas ocultar a oposición. Hoxe mesmo foron solicitadas por 2º vez esta semana respondendo a Sr Castro que «xa llas pedira o Sr Rey». Pero seguen de todas as maneiras sen aparecer.

Esto demóstranos a falla de transparencia que ten o desgoberno de Pontecesures, o que algúns empregaron coma bandeira política nas pasadas eleicións municipais agora que están no goberno esquécense de aplicala.

Para nós é inaceptable e antidemocrático este feito, e ven a demostrarnos unha vez maís a madeira da que esta feita a nosa alcaldesa Maribel Castro.

Esperamos dende o BNG que con toda celeridade nós sexan entregada istas contas requeridas, para poder examinalas e valoralas polo miudo e asi poder informar aos veciños de Pontecesures que teñen todo o dereito do mundo a coñecer en que se empregan os seus cartos .


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.