Morreu a avoa de Martin, que foi moitos ano monitor de Algueirada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Aos 92 anos, morreu a veciña de Formarís-Rois, Teresa Cereijo Sorribas, avoa de Martín Agrasar Vázquez, que foi moitos anos monitor de baile do grupo Algueirada de Pontecesures (tamén foi de pandeireta, pero menos tempo).
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá ás 18 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa de San Mamede de Rois.
Descanse en paz.
Coma presidente de Algueirada enviolle unha aperta a Martín, transmitíndolle o máis sentido pésame en nome dos compoñentes do grupo.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.