O CLUB BALONCESTO RIO ULLA REALIZA AS PRIMEIRAS FICHAXES DA TEMPORADA 2009/10.

Publicado por fru en

Hai uns días 2 xovenes xogadores cesureños: Dani «Polly» Barral, e Fabian Manteiga diron a sua palabra e son os primeiros fichaxes do equipo senior para temporada 2009/10. A pesar de ser do ano 1991, (cumpren polo tanto 18 anos – 1º ano de senior), acumulan na súa traxectoria deportiva bastante experiencia nas categorias inferiores do basket galego.

FABIAN MANTEIGA

Iniciouse no basket a finais da temporada 2003-04 no equipo infantil do C. B. Rio Ulla. Dende o principio destacou pola súa rapidez á hora de contraatacar, e tamén para anticipar en defensa, que lle permitiu roubar moitas pasaes os rivais. 

 Na temporada 2004-05, no 2º ano de infantís, levou en volandas ó equipo a gañar o título infantil zonal na 2ª división. Posteriormente, nesa mesma temporada o equipo clasificouse para disputar as semifinais copeiras, perdendo nun emocionante partido, contra o anfitrion, e á postre gañador, Liceo Casino de Vilagarcia.

Na 2005-06 xogou un ano mais connosco, na categoría cadete, onde se confirmou coma un magnífico xogador, poolo que afinais desa temporada aceptou a oferta de Peleteiro de xogar e estudiar alí, estando estas 3 ultimas temporadas (cadete de 2º ano, e os 2 aos de xuvenil). Participou en ligas e copas galegas. O seu ultimo éxito foi hai escasoas semanas ó gañar, por Santiago, o torneo de baloncesto dos Xogos do Eixo Atlantico.

Bo lanzamento e a sua rapidez son as características de Fabian.

Fabian, capitan do equipo infantil, recollendo de mans do por aquel entón delegado da Federacion galega en Arousa e Francisco Garcia, o trofeo polo campionato da 2ª division infantil, o 11/6/2005.

DANI BARRAL

Iniciouse na escola de baloncesto para nenos ala polo ano 2001. Xogou 2 anos na categoria alevín mixta 2001/02 e 2002/03. Na 2003/04 foi o lider do equipo infantil masculino, durante a temporada. A este equipo incorporouse Fabian nos ultimos 3 meses da temporada. ? remate da mesma o BBC de Vilagarcía fichouno para participar no seu equipo de liga galega. En Vilagarcia estivo esa temporada e as 2 seguites, na categoría cadete. ? longo deses 3 anos fixose un xogador importante logrando ser un referente anotador dentro dese equipo.

Hai 2 anos fichou por Peleteiro, a poido seguir participando nos campionatos de liga e copa galegas, reencontrándose á sua vez con Fabian. ? igual que este, acaba de gañar o torneo de baloncesto dos Xogos do Eixo Atlantico hai uns días.

 

Xogador completo e con recursos en ataque, á súa vez ten capacidade de sacrificio en defensa. Moi bo lanzamento de 3 puntos.

Foto de maio de 2002, no torneo organizado polo Meco de O Grove, ó que acudiramos con 2 equipos (Cesures e valga) vemos, na fila do medio á dereita co dorsal nº8 a un xovencísimo Dani Barral.

Con estas 2 incorporacións a plantilla do club vaise renovando e rexuvenecendo. Á baixa segura de Pino únense as probales de Juanjo, e quizais algunha outra mais, polo que o xogo interior do equipo vai necesitar algun reforzo. 

Dende o club desexarvos toda a sorte do mundo nesta volta á que sempre foi a vosa casa, e que acadedes os mellores éxitos a nivel persoal e deportivo.


1 comentario

sobreiras · 16-07-2009 a las 09:24

Noraboa Fru e moitos exitos para o clube.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.