Intercambio xuvenil «Amigos do mar e da montaña 2009».
Os vindeiros días 5, 6, e 7 de agosto (mércores, xoves e venres) viase levar a cabo a VIII edición deste intercambio. Este prgrama que coorganizan os concellos de Valga, Cuntis, Pontecesures, Poio e Vilanova de Arousa vai dirixido a mozos/as de 13 a 16 anos dos cinco concellos. Durante estas tres xornadas o grupo (duns 50 mozos/as) visitará diferentes lugares, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas, pernoctando a primeira noite en Poio e a segunda en Cuntis.
As prazas son limitadas a 10 por cada municipio e adxudicación realizarase por estricto orde de solicitude.
O prazo para a solicitude remata o 28 de xullo, tendo a disposición dos interesados as solicitudes e o programa de actividades completo na OMIX da Casa do Concello (986 564410 ou 986 557125).
0 comentarios