A pasada madrugada entraron no Club Xuvenil de Pontecesures prendendo lume no recinto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 6:30 horas da mañá percibiuse fume que procedía deste local situado na rúa Raimundo García Domínguez «Borobó» de Pontecesures, cando os efectivos de Protección Civil estaban a apagar outro lume dun vehículo na rúa Miguéns Parrado.
No local municipal, forzaron as portas, romperon varios cristais das mesas, romperon un espello de grandes dimensións que se utiliza para ensaiar as nenas de danza clásica e moderna, e prenderon lume en dúas dependencias do edificio. Nunha delas utilizaron algúns periódicos e papeis vellos e asi queimaronse un par de pupitres e os apoios de madeira das barras para practicar danza. Na outra prenderon nunha botella de plástico e danaron un cadro eléctrico do recinto. Foi necesaria a actuación dos efectivos de Protección Civil para apagar os dous lumes.
� realmente triste comprobar o estado do edificio coas paredes afumadas. Resulta incomprensible que alguén, no seu sano xuizo, poida cometer estas barbaridades sen fundamento algún. No local no hai absolutamente nada de valor e cicais por ese motivo, ensañáronse coas instalacións.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.