O ex edil do PP en Catoira, Sindo Costa, agredido tras un atropelo en Carril.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As rúas de Vilagarcía rexistraron dous atropelos en sendos pasos de cebra en menos de doce horas, que se saldaron con tres feridos leves, dous peóns, un neno de 10 anos e un ancián de 75, e un conductor, o ex edil de Catoira, Sindo Costa, que foi agredido polo irmán do menor arolado.

O primeiro dos sinistros prodúxose ás 23 horas da noite do xoves en Carril, cando o neno J.P.M., de dez anos de idade, atopábase cruzando o paso de peóns situado frente á cafetería Beiramar, donde traballa a súa nai, e foi golpeado por un turismo Audi A-4 con placas de matrícula PO-1240-AY, conducido polo ex concelleiro do Partido Popular de Catoira, Lucindo Costa.
Ata o lugar dos feitos desplazáronse efectivos da Policía Local e de Protección Civil, mobilizados polo 112.

Como consecuencia do impacto, o menor foi trasladado ao Hospital do Salnés cun traumatismo de carácter leve no costado dereito. Ademais, o condutor Lucindo Costa tamén resultou ferido ao ser presuntamente agredido polo irmán do pequeno, que ao ver o sinistro saiu do Beiramar moi furioso e emprendeuna co ex edil catoirense, propinándolle golpes cos puños e unha patada nunha perna. Por elo, Costa asegura que interporá unha denuncia contra o seu agresor. Ademais, ainda que o sinistro pudo deberse a un despiste do condutor, testigos presenciais dos feitos aseguran que o neno cruzou o paso de peóns correndo e sen mirar se viña algún vehículo.

DIARIO DE AROUSA, 25/07/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.