BALONCESTO ACB: OBRADOIRO EMPEZA A LIGA CONTRA O BARSA EN SANTIAGO

Publicado por fru en

Será a fin de seman do 10/11 de outubro cando arranque a liga ACB (a considerada por todos a 2ª mellor liga do mundo). e este ano imos ter a un club santiagués, o Obradoiro, disputando dita liga.

Pois o sorteo deparou que na 1ª xornada acuda ó pabillón do Sar, o todopoderoso Barcelona (actual campión da liga).

O calendario completo podedelo atopar:

http://www.elcorreogallego.es/deportes/baloncesto/ecg/xacobeo-blu-sens-arranca-acb-sar-frente-bar/idEdicion-2009-07-31/idNoticia-453832/

Tamén sinalar que a campaña de socios do Obradoiro vai escomezar o próximo mércores 5 de agosto. Os prezos dos carnets de socio para toda a tempada van dende os 120 ós 360 ? (prezo por adulto normal). hai ate 7 zonas diferentes o pabillón cada unha cos seus prezos, segundo a ubicación. A directiva deste club soña con ter cubertas con aboados as 5.500 localidades que ten coma aforo este recinto deportivo.

Dende logo é unha oportunidade histórica para poder disfrutar do mellor baloncesto europeo preto do noso pobo.


2 comentarios

elrober · 8-08-2009 a las 14:44

Sabedes cal é a páxina do cb obradoiro.Quería información sobre a canpaña de abonos.Gracinhas

fru · 8-08-2009 a las 19:32

http://www.obradoirocab.es/

O mercores desta semana empezou a campaña de aboados. Xa debe de ter mais de mil quinientos socios, pois no 1º dia houbo uns 600. Nun principio van poñer todo o aforo (5500 asientos) para que quen queira, poida ser socio. Os prezos dende 120 a 360 ? temporada completa.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.