Curtada ao tráfico a pista que vai dende a Charca ata o Centro Médico de Baño.
Por mor das obras de construción da glorieta da Charca na PO-548 Pontecesures-Vilagarcía, atópase curtada ao tráfico esta pista, bastante utilizada que discorre entre os termos municipais de Pontecesures e Valga.
Lémbrase que esta pista non estaba reflectida no proxecto da obra e así non quedaba prevista á entrada ou saída por ela, dende a futura glorieta. Dende o concello de Pontecesures advertimos o erro de cartografía nos planos, e confirmáronnos dende a dirección de obra que os accesos á pista ían quedar perfectamente na práctica.
0 comentarios