Programa das Festas de San Roque de Porto 2009.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

DÍA 19 DE AGOSTO
Pola noite gran verbena cun grupo que se anunciará oportunamente.

DÍA 20 DE AGOSTO
Pola mañá, disparo de foguetes anunciando a Festa.
Pola tarde, actuación da charanga e dos grupos folclóricos Xarandeira e Algueirada de Pontecesures.
Ás 22 horas, capachos de mexillóns para todos coa tradicional XX Gran Mexilloada (2.200 quilos) acompañada con 575 litros de viño de barrantes do bo e cervexa.
Pola noite a mellor verbena, coas mellores orquestras neste momento:
Los Españoles
Capitol

DÍA 21 DE AGOSTO
Ás 8 da mañá, levantarase a todo Porto co disparo de foguetes.
Ás 10 da maña, alborada coa Banda de Música Cultural de Arcade (actuación patrocinada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra).
Ás 12 horas, saída da procesión de San Roque dende a a Praza dos Valeiros.
Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo Coro A Barcarola de Pontecesures.
De seguido, Gran Poxa de Ramos e Tradicional Traca.
Ás 20 horas, concerto da Banda Cultural de Arcade.
Pola noite, festa para todos…todas con:
Los Satélites
Los Trovadores


46 comentarios

yop · 4-08-2009 a las 00:55

Vaya… La verdad es que me esperaba otro tipo de orquestas..

decesures · 4-08-2009 a las 01:44

Le doy la razón a «yop» este año con lo de la crisis se nota la ausencia de buenas orquestas hata para las fiestas de porto…una pena la verdad.

maradona · 4-08-2009 a las 02:57

Hola, quiero deciros que la crisis efectivamente afecta a todos. Pero el presupuesto de las fiestas es el mismo del pasado año,segun la comision.

DANIEL SEIJAS S.L. · 4-08-2009 a las 10:25

crisis? pero sabedes canto costas esas orquestas para dicir iso? CAPITOL,TROVADORES E SAT?LITES,son unhas das orquestras máis caras de Galicia xunto coas P.P.O. A Capitol leva unha montaxe do nivel da Paris e Olympus. Notase que conocedes estas orquestas para dicir as cousas que se din,a algúns sacanvos da Paris,Olympus e Panorama e xa non hai máis vida.Veña un saúdo.

chinha · 4-08-2009 a las 11:04

antes de nada decir q me parece moi oportuno e acertado o comentario de Daniel Seijas, a verdade que me da coraxe que a xente se ensañe coas orquestas que van a unha festa sen saber nada ou case nada delas. Pero tanto a decesures como a yop lles digo que si non lles gustan que xa saben, que non vaian a esas festas tan maravillosas que temos no noso pobo e polas cales unha xente (cimision) traballan todo un ano para facelas o mellor posible. o final como sempre e todos os anos o pasaremos xenial e ninguen se acrodará de si estivo este ou aquel …… eu si que lles vou dar as gracias por facer o que fan por traballar tanto e darnos eses 2 dias de festa que sen dúbida son do melloriño da redonda.
Gracias a comisión e todos os veciños que colaboran, q son moitos.
Saudos

Cara de cona · 4-08-2009 a las 18:43

O seijas e un catedrático no das orquestas….el tolea por trovadores e satélites….e si el dí…..vai a misa carallo…..e certo o de Olympus, Panorama e parís xa cheira….sempre o mesmo…..todos a mirar para o palco como parvos….un rollo que nin dios do cantante…e pouco máis….parece un circo….mirade os grupos esos de fama cando van a chanteclair sen todo ese montaxe cando hai que dar o collón a pelo….como calquera……o importante da festa e o ambiente…o bo rollo…..que participe a xente…..que baile toda a peña…os vellos…os nenos…os rapaces….e en Porto son maestros….tamén influen os combinados ollo…..este ano vai bailar ata o cura de cesures….veredes….

o.gcv · 4-08-2009 a las 21:40

a verdad e que este ano son algo pobres, alguien da comisión xa dixo que para o ano xa contrataron a panorama e parís. Non é que nos gusten máis P.P.O. sinon, que son as orquestas que máis atraen actualmente, sea onde sea. O outro día fun a ver a unha aldea da Estrada a Panorama e París, e a verdade e que estaba a tope de xente…… recoñezo que as orquestas deste ano para Porto non me gustan e vín a Capitol e ós Satélites, pero os que sodes seguidores destas orquestas, tendes que entendelo, así como eu vos entendo a vós, e ai que respetar todo tipo de comentarios. Espero que haxa moita xente…. pero xa veredes este ano na festa da Anguía, PANORAMA E PARÍS DE NOIA. E xa xuzgaredes vós…….. (eu non son de Valga, pero solo quero que comparedes as festas, xa que as orquestas son mellores. Con esto non quero decir nada malo das festas de Porto, solo dou a miña opinión. A quen lle guste bn, e ó que non, SINTOO.

o cordalo · 4-08-2009 a las 21:59

«o.gcv». OK, Roger. 10-4. QSL. Dacordo totalmente. Moi ben expresado. Futuro «Doctor Seijas», o que dí «o.gcv», é unha realidade coma unha casa. Entendo o que dís Doctor, pero quen fai «Pleno» é «o.gcv».
A xuventude, a xente, o mogollón está onde están, as P.P.O; chámalle o que queiras. Ogallá, cheje a xente ata a da «garasa» (para o norte) e ata a de «chívé» (para o sul); para o poniente ata a fabrica dos bloques de «Seijas» e para o levante ata a de «pasita a baleira».
¡A beber que son dous días! (de festa).

erika folgar · 5-08-2009 a las 13:32

pues yo le doy la enhorabuena a la comisión de fiestas de Porto por traer por fin tan buenas orquestas a sus fiestas.el programa de este año me parace una autentica pasada de lo bueno que es.

manolo o do bombo · 5-08-2009 a las 13:52

Enhorabuena a comisión de festas que teñen moito que traballar.

DANIEL SEIJAS S.L. · 5-08-2009 a las 14:54

Para «o.gov» : Cada un ten os seus gustos e eso é lexitimo e respetable,pero penso que te equivocas cando dis que as festas son algo pobres,porque eu sei perfectamente o cobra cada o orquesta este ano en Porto,cal é o seu caché,e sei o que cobraron as do ano pasado,e neso creo que te equivocas,e si non preguntalle por esas orquestas a un representante e xa verás que prezo che pon.E creo tamén que che informaron mal de que para o ano estén contratadas para Porto a Paris e a Panorama,porque esas orquestas penso que xa están ocupadas para outro sitio,salvo llas boten abaixo.Aínda non se veu como funcionaron as orquestas deste ano e xa estades falando do ano que ven.So digo unha cousa.A Porto veu de todo durante estes anos,e sempre estuvo cheo.Los Satélites fai 9 anos que non ven e era un clásico en Porto,despois veu tamén Paris,Panorama,e logo tamén viñeron orquestas coma Tango,América,Passarela,Marimba,Gran Parada e tamén encheron o campo da festa.En Porto enchese a festa ata cun gaiteiro tocando enriba do remolque dun tractor.O ano pasado veu ó carmen de Cesures a Panorama e tampouco había tanta xente,nada comparable coas festas de Porto.
E tamén falas da festa da Anguía.Bueno a festa da Anguía a paga o concello e non unha comisión,que é distinto,e ademais este quen estea o sabado da festa de Anguía sempre esta cheo,aínda que este ano seguro que reventa,coma o ano pasado con Pimpinela.
Despois non sei en te basas para dicir que Paris e Panorama,son mellores que os Satélites e Trovadores…serán mellores en luces e ferros,pero tocando…eso é outro mundo,calquer músico de orquesta sabe perfectamente que orquestas musicalmente son mellores,calquera que teña un pouco de oido sabeo.E musicalmente Satélites e Trovadores,están bastante arriba das que ti nomeas.Outra cousa é o espectáculo.Veña un saúdo.

decesures · 5-08-2009 a las 23:46

En primeiro lugar pido desculpas a quen se sentiu ofendido pero a pesar de que «Los satélites» estiveran no apóstolo de santiago sigo opinando que aínda que sexan boas sempre olympus, panorama e parís de noia atraen a máis xente e iso é ao que me refiro e para «chinha» dicirlle que claro que irei e se miro a programación é porque teño pensado ir.

VIVA AS FESTAS DE PORTO
FELICITACI?N Á XENTE DA ORGANIZACI?N E
A TODA A XENTE QUE SEGUE A MANTER AS FESTAS COAS DONAZ?NS!

yop · 6-08-2009 a las 02:01

En ningún momento dije que las orquestas fueran malas.. solo dije que me esperaba otras porque había escuchado otros nombres pero como dicen por ahí porto estará atope tano con Los satelites, trovadores etc como si vienen Panorama Paris, Charleston etc.. Siempre estará a tope…

FELICIDADES A LA COMISI?N DE FIESTAS DE PORTO POR SU GRAN LABOR, Y APROVECHO PARA FELICITAR A LA COMISI?N DE A DEVESA QUE TAMBI?N ANDABA EL PROGRAMA POR AQUÍ

proteston · 8-08-2009 a las 15:48

Enhorabuena a la comisión de Porto como siempre.Yo como todos los años ya reservé parte de mis vacaciones para eses días.Me parece estupendo el cartel sin ninguna de las tres «estupendas» orquestas,ya lo pongo así para que nadie se ofenda.Por fin unas fiestas para bailar y disfrutar y no para estar como parvos para mirar para las orquestas.Yo soy de los que quiero orquestas para bailar y que se dediquen a tocar y no como otras que todo se le va en hablar mucho ,tocar poco y cobrar más.
Vuelvo a repetir mi mayor enhorabuena yo ya estaré ahi desde el miercoles.Y espero poder irme muy tarde para casa no como el año pasado que aún tuvimos que ir a tomar la última a Cesures.Ya que la hora del final fue un poco vergonzoso.
ENHORABUENA más que merecida ya que trabajais mucho durante todo el año.

Decesures · 17-08-2009 a las 14:45

Así que o día 19 xa temos festa jaja a ver se aguanta tantas noites o corpo.

erika folgar · 18-08-2009 a las 15:15

sabeis que orquesta viene mañana a Porto al final?

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-08-2009 a las 22:54

Pois ven o grupo «Costamar».

Fillo De Pyston · 23-08-2009 a las 23:46

Quen me podria pasalas fotos deste ano das festas de porto.???
Agradeceribolo.

erika folgar · 24-08-2009 a las 14:51

este año si que hubo buenas fiestas en porto,de maravilla las orquestas.la capitol impresionante,los españoles animadisimos,los satélites excepcionales y los trovadores fantasticos.la gente lo pasó en grande,tanto para los matromonios como para la juventud.las orquestas muy bien.felicidades

Decesures · 25-08-2009 a las 14:29

A min parecéronme todas moi boas menos «Los satélites» xa que ás 3 da madrugada andaban a por cancións bastante antigas e puídose ver como durante a actuación de «Los españoles» había moita xente pero cando levaban «Los satélites» tocando un rato só quedaba a xente maior e foise marchando a xente.Todo debido ao fallo que tiveron pero aínda así fíxose bastante inaguantable.

o.gcv · 26-08-2009 a las 10:23

DECESURES ten coidado que non che lea Seijas o teu comentario, porque é un fanático dos Satélites e non aguanta nin o máis mínimo comentario en contra deles….. dígocho porque a mín xa mo fixo.

Decesures · 26-08-2009 a las 15:01

Graciñas «o.gvc» pero aquí estamos para opinar e non sei o que opinas ti pero eu xa dixen que eses clásicos a esas horas fixo que moita xente marchara co chea que estaba a plaza e iso o puido ver calquera non?

o.gcv · 26-08-2009 a las 22:28

DECESURES, eu opino igual ca tí, de feito non estiven nas festas de Porto … pero vín ós Satélites en Portonovo estos días…. e non había unha rata, de feito escoitei a primeira canción e xa marchamos porque non nos gustaban, a mín gústame máis París, Panorama, Olympus, gústame que haxa espectáculo, e á xente en xeral penso que tamén, sinon verás este fin de semana en Valga, si tés a oportunidade de ir claro. VAI SER TODO UN ESPECTÁCULO, toda a xente que vaia, vai quedar impresionada, claro…… si son xente que lles guste o espectáculo, ó resto respecto as opinións, pero hai que recoñecer o que realmente gusta na actualidade.

Decesures · 27-08-2009 a las 01:00

Claro que si, hai que falar do que lle gusta á maioría non a unhas poucas persoas…e o de Valga a ver se se entra porque o dubido xa que traen consigo moita xente.E tanta fama de «Los satélites» e ao final nin cantar saben que cando non chegan á nota paran de cantar e xa me da igual o que me digan porque é a realidade e volvo a ser repetitivo e digo que porto ben o sabe!

Decesures · 27-08-2009 a las 01:01

E por certo moi boa a orquesta «Los trovadores» que lle deron un «repasiño» a «los satélites».

Panorama, Paris de noia e Olympus mandan só serán espectáculo pero é o que precisamos ver!

sobreiras · 27-08-2009 a las 09:50

O falar, non ten cancelas…

DANIEL SEIJAS S.L. · 27-08-2009 a las 11:24

para Decesures : Cada un ten os seus gustos.Non sei que entendes por espectáculo,pero creo que non existe maior espectaculo que ver e escoitar tocar os metais dos CATEDRATICOS DO RITMO,que son Los Satélites…e Los Trovadores outro orquestón,agora sabemos que unha cousa é escoitar os merengues e os pasodobles cunha corda de 2 saxos,a outra de 3 saxos completa coma ten os Satélites coa voz de tres saxos que se complementan (teñen 4 saxos alto,baritono,teñor,baixo)…polo tanto nunca,nunca,nunca unha orquesta coma Panorama,Paris ou Olympus,por moito saxofonista que teña,de momento teñen un só,e nunca,nunca,xamais,por moito saxofonista que teña xamais sonarán os merengues e pasodobles coma en Los Satélites,porque lle faltan instrumentos,en vez de ter tantos robots e leds,tiveran máis musicos mellor sonaria.eso o entende calqueira.

o.gcv · 27-08-2009 a las 13:29

Habe Seijas, parece mentira que che teñamos que explicar o que é un espectáculo. Tí viches algunha orquesta que faga un musical de Disney, que faga unha canción sobre os aros no aire, que faga unha canción cos tambores(cando salen os compoñentes de panorama a tocar diversos instrumentos adiante de todo) … e un montón de cousas máis, eu penso que cada orquesta terá o seu repertorio, pero o que manda ahora mismo na actualidade é o PURO ESPECTÁCULO, e decir, PANORAMA, OLYMPUS E PARÍS DE NOIA. Entendo que seas fan dos Satélites, pero recoñece que á xuventude ese estilo de música non lle gusta, sinon, xa o verás sábado. E por certo, que non che parezca mal, pero sendo o presentador de PALCO DE ESTRELAS,penso que nestos temas de orquestas tiñas que ser BASTANTE MÁIS NEUTRO, porque o jueves pasado puxeron verde a PANORAMA e tí non fixeches nada por defendelos, si chega a ser dos SAT?LITES…. xa che vexo eu cortando a chamada. Pero bueno, é a miña opinión que ó fin e ó cabo non vale para nada, pero é un consello.
Para que queren P.P.O. máis saxofonistas??? si a xente non quere esa música, hoxe en día a xente quere marcha e espectáculo, tamén hai xente que quere música para bailar, pero é moita menos. Porque PANORAMA, PARÍS e OLYMPUS non toquen pasodobles ou merengues coma os satélites, non significa que non teñan bos músicos. Os Satélites tampouco tocan música disco é non por eso digo que xa non son bos. Cada un ten as súas ideas, e tendes que respectar a de todo o mundo, é non poñerte dun lado, sobre todo tí, que eres presentador dun programa musical. Polo menos deberíalo facer ó frente do programa, despois no día a día, dí o que queiras, pero queda mal que sólo defensas o que a tí che gusta. Dígocho sin ningunha mala intención.

DANIEL SEIJAS S.L. · 27-08-2009 a las 13:37

Non me molesta nin me parace mal o que digades,eu respeto o que digades.E sei de sobras ó que é entendes por unha orquestra espectáculo.Eu nunca cortei unha chamada a ninguen,incluso fai pouco unha persoa criticaba ós cantantes dos Satélites e deixeino falar.Eu defendo a todolas orquestras,un día puxeron podre sen razón á Panorama e eu defendin a Panorama.Eu aquí escribo coma veciño de Redondo,e non coma presentador de Palco de Estrelas.
E por certo «o.gv» e «decesures»…non seredes a mesma persoa.Veña un saúdo.Gustame que haxa estes debates e discusións,non vai ser todo política nesta páxina.Viva a polémica musical.

DANIEL SEIJAS S.L. · 27-08-2009 a las 14:34

Para Decesures e o.gv : Imos a ver,que me digades que a peor orquesta que estivo en Porto foron Los Satélites,xa é de xulgado de Garda.E que as 3 da mañá tocando os Satélites solo quedaba xente maior na festa e a xuventude marchou,debe ser que debiades de estar noutra festa diferente a de Porto.Porque diante do palco era toda xuventude e os matrimonios estaban na parte de atrás.A orquestra tivo un fallo técnico moi grande,falloulle a mangueira xeral de Son,que tiña so un mes,cando duran anos,e tiveron que botar man dunha vella que por sorte tiñan no camión.Eso pasalle a todalas orquesta do mundo.Entonces,ó reanudar o seu segundo pase,xa que do primeiro tocaran media hora,tiveron que tocar ó principio algúns temas ó mellor non adecuados para esa hora,pero si para as persoas que estaban na parte de atrás que querian baile,e despois Los Satélites gañaronse a xuventude con repertorio moderno e cañero (que pode facer 2 seguidas de caña,cousa que non ten P.P.O.,e si non mirade o seu listado de repertorio).Entonces a ti pareciache normal,que si contratas Los Satélites,con eses supermusicos,7 metais…e para despois so toque a sección de ritmo para meter caña,eu creo que a ningunha comisión que contrate ben sexa Los Satélites,Trovadores,Chárleston,Sintonia,Trébol,Compostela,xa saben o que traen á festa e paganlle para toque o metal e non para que so faga a sección ritmo unicamente,porque seria unha burrada autentica facer iso.
Despois creo que andas equivocado co repertorio das P.P.O.,porque cada vez máis meten máis pachangada no seu repertorio,máis merengues e cumbias ca nunca,porque a xente cada vez máis pasa de pantallas e lerias e quere bailar,incluída a xuventude,e senon vai para a zona da Coruña e xa verás,porque triunfa tanto a orquestra Marbella e Armonia Show.
E non sei si fuches fai 4,3 e 2 anos para atrás,as festas de San Clemente,co Trebol,Capitol e Satélites,campo a reventar,a Santa Minia de Brión ou as festas do carme de Rianxo,cas mesmas orquestras campo cheo e con xuventude a montón….ou mesmamente este ano en Taragoña,xa verias o sabado coa Trébol e Superfama que todo era xuventude e a xente o pasaba ben.E a xuventude xa gusta máis na festa que haxa de todo tipo de música,e senon vai a algunha sala de festas e xa verás cal é reportorio que funciona mellor : a pachangada.
E polo que oin a xente quedou contentas cas orquestas en Porto,e que non falades da Capitol…que leva máis montaxe que Olympus,e que arrasou,e xente quedou moi sorprendida con eles.
E outra cousa as orquestras teñen as súas zonas,non sei porque,pero nas zonas onde existe máis tradición de Bandas de Música,Sur de Pontevedra,as P.P.O. non teñen case ningunha actuación.
E Los Satélites si que tocan música disco…outra cousa que en Porto non a botaran

o.gcv · 27-08-2009 a las 16:08

SEIJAS, eu en ningún momento dixen que lle cortaras a alguien a chamada si falaba mal dos Satélites, dixen: que si estuvesen falando mal dos satélites non che habería de gustar moito…. Nunca escoitei que defenderas á Panorama, o jueves pasado nin abriches a boca nin para darlle a razón a esa ointe que criticaba a Panorama nin para nada, e fas bn, si non quixeches opinar, alá tí, non pasa nada. Cada un actúa como quere. SEIJAS, EU sólo son o.gcv, non son decesures, sinon fala con Antonio Cortés e que cho confirme, de verdad.
Por favor seijas, aquí nadie dixo que os peores foron os satélites, de feito, a mín non me gustaban as orquestas que había en porto e como estaba de vacacions esos días, xa nin vin para porto, pero vín ós satélites noutro sitio e non me gustaron. Eu en ningún momento dixen que non hubera xente, vólvoche a repetir, que estaba de vacacións lexos de aquí e como non me gustaban as orquestas non vín para as festas de porto. Polos fallos técnicos eso é o de menos, a Olympus en varias festas, por exemplo en Dimo, non lles funcionou o vídeo último que fan de nino bravo e tuveron que acabar así, dicindo que non lles funcionaba e que daban paso á outra orquesta. Eso é o de menos, tamén panorama tuvo fallos o outro día en Barro, e por eso non podes juzgar a nadie.
Por certo, seime o repertorio de principio a fin de panorama e olympus, e pódoche asegurar, que cantan 2 cancións seguidas de caña. Eso asegúrocho eu. Jova Seijas, non podes comparar as festas de fai 4 anos a ahora, daquela eu non tiña o máis mínimos interés polas orquestas, sólo iva ás festas a mozear, que é ó que a maioría iva a facer….. e a bailar o que nos botasen, ahora TODO ESO CAMBIOU. Seijas, a xente opina en Porto dos Satélites polo que pudo ver, si non lles votou música disco, non é culpa da xente, tampouco da orquesta… pero non van decir que botaron disco cando non foi verdad.
De todas formas, a xente sí que falou bn de capitol e dos trovadores… eu vín a capitol fai uns meses e está bn, pero bueno, gústame máis ver espectáculo e ver cousas que me deixen impresionadas, e ésta é a miña opinión, e creo que a tendes que respectar e non critircar porque me guste máis P.P.O. así como eu respecto á xente que lles gusta outras orquestas. Eu que sei… ó que pase este fin de semana…… otros cantares serán.

Decesures · 28-08-2009 a las 12:35

Bueno…primeiro «Seijas» dicirche que de momento non me paso a vida con duas identidades.
Por outra banda dicir que o que dixeches de «Los satélites» que había xente NON esa non a paso porque de toda a xente nova que había diante quedou a metade (non nego que quedase xente porque algo quedou) pero o resto marcharon porque a orquestra puido variar máis o seu estilo e como xa dixen as 3 da mañá non son horas para esa música e xa non falo da xuventude vale? ahora tamén falo da xente de máis de 50 anos coa que falei para poder falar aquí con vos…e dixeron que chegou un momento que a xente foi marchando porque: (palabras textualex):»para estar de pe sen pasalo ben vou para casa» porque nin bailable era iso…e teño fontes vale? e coincido coa xente en que «Los trovadores», «Capitol», «Los españoles» foron boas pero que «los satélites» decepcionara un pouco…(deixando de lado os problemas técnicos) eu respeto á xente o estilo que lle guste pero ás veces non só se debe encerrar un nel mesmo hai que ollar o que a xente quere e mira hoxe en dia a parte da xuventude a xente de 40 a 60 anos tamén prefire ver espectaculo, poder cantar o que escoita na radio e brincar un pouco (porqué non…) e non pasarse 3 horas bailando pasodobres.

erika folgar · 28-08-2009 a las 15:51

yo estuve en Porto y me gustaron todas las orquestas,aunque cada una en lo suyo,porque los españoles es una orquesta mediana que se puede comparar con las otras tres.Y los satélites me encantaron,lo que pasa creo que hay personas que deberian hacer urgentemente una prueba de audición porque estan algo sordos.Y sois unos exagerados,porque los satélites no estuvieron echando pasodobles toda la noche,eso es mentira,y a mis tios les encantó los troavdores y los satélites,porque tocaban musica de verdad,porque vosotros lo unico a lo que vais a la fiesta es a estar «flipando» viendo luces y a unos tipos de la P.P.O. que no cantan nada,nada….porque ya me direis si canta algo Lito de Panorama,Peke de Olympus y Blas de la Paris,porque vosotros creo que no teneis idea de lo que es cantar…y lo unico que hace Olympus es el indio toda la noche,siempre con lo mismo,y a eso le llamais espectaculo,eso se chama Circo Chavacano y barriobajero,lo que hace Olympus,si quereis espectaculo de verdad ir a ver un Circo profesional o ver un dvd de un concierto del finado Michael Jackson,porque lo que hace la P.P.O. es TRAPALLADA

o.gcv · 28-08-2009 a las 16:14

haber érika folgar, si a mín me gusta o espectáculo de P.P.O. tí porque me juzgas así??? tes que respetar as nosas ideas e punto. Pois si che digo a verdad, EU SÍ QUE VOU A VELOS PARA QUE ME DEIXEN FLIPADA e que pasa???? a quen lle fago daño??? penso que a nadie, digo eu…. e tí tes que respetarnos e punto, así como eu respeto as tuas ideas. Por certo, DIME ALGUIEN DE ALGUNHA ORQUESTA QUE CANTE XA NON CHE DIGO MELLOR, PERO IGUAL QUE JORGE de PANORANA, como canta a de NESSUN DORMA, que cando acaba de cantar…. xa nin siquiera necesita pedir aplausos…. ou algunha orquesta que lle faga un homenaje como dios manda a Mickel Jackson… e que ten de malo que llo queiran facer??? TRAPALLADA para mín non é, a mín gústame o espectáculo, ver a Jurado nos aros…. ESO ARRASA, e si a tí non che gusta….. que se lle vai facer…. tes que tragalo e punto.

o.gcv · 28-08-2009 a las 16:18

por certo érika folgar, dís que peke de olympus non sabe cantar…. pois dime UN CANTANTE DE ORQUESTA que toque a gaita gallega bailando e saltando no palco como fai él…. non sabedes aprecialo…. pero bueno, eso non é meu problema. Co ben que se pasa con P.P.O. …. pero volvo a repetir, eu respeto que vos gusten os satélites, trovadores, capitol,…. pero tí tamén tes que facer o mismo para os que nos gustan P.P.O. penso eu….. eh???

Cara de cona · 28-08-2009 a las 16:19

Xa está ben de poñer a caldo a seijas…..mérito tiñan os músicos de antes que tocaban nun palco con catro ferros….pero a pelo…eh….eses de panorama a paris e olympus…..si lle quitan os efectos especiais….e as trampas dos sonidos empaquetados….non son nadiña…..ademais cas trompas que había en porto a última hora…que mais da quen toque ou cante…como si o fai Severino o cura….jo…jo…jo…

erika folgar · 28-08-2009 a las 16:58

yo ya os respeto,pero yo estoy exponiendo argumentaciones,porque por lo que veo,jamas hablais de la calidad musical de vuestras orquestas preferidas y eso ya quiere decir algo.A mi parece bien que a la gente le gusten muchos tipos de orquestas,pero hay que ser objetivos.Mira Jorge Ferré,tuvo tiempos mejores,y lo Nessum Dorma no le quito el mérito que lo hace medianamente bien,pero tampoco para flipar,porque la voz va siempre e una misma cadencia y apenas da giros,esa parte de Turandot,quien lo hacia bien era Pavarotti,te deja los pelos de punta,y cantaba a pelo,cosa que no hace Jorge,que tiene muchos apoyos detrás en la mesa de sonido.Mira Antonio de Los Trovadores y Eric Hidalgo de los Satélites esos si que saben cantar mejor que Jorge,porque jorge da pena cantando merengues y mejicanas,y no sabe bailar.Y Peke toca la gaita,coma lo hacen muchos cantantes de muchas orquestas,que por lo que veo pocas debes conocer para afirmar eso,porque tocar la gaita saltando no es tan complicado,porque al tener fol poco tiene que soplar…dile al señor Antonio Moreira que haga lo mismo con el saxo midi,saltando a ver si es capaz.Y la gaita la toca de aquella manera,joder que no es ni Carlos Núñez,ni Budiño ni Nando Casal.

Tiroliro II · 28-08-2009 a las 18:28

Realmente o que non pode ser e que se pague tanto por unhas orquestas que solo versionan temas, de compoñer nada, e ainda por riba hai moito chanchullo con sonido play back por aí, para bailar e pasalo ben non fai falta eses palcos nin ese volumen que axorda a un, hai que volver a cousas razonables

o.gcv · 28-08-2009 a las 19:36

mira érika, pensa o que queiras, non vou entrar máis ó trapo dos gustos da xente, si a mín me gusta ver espectáculo non tes porque xuzgar mal e punto, é como si comparades ó real madrid co furia a.c. (equipo de fútbol de valga), para mín panorama ? A MELLOR ORQUESTA DO MUNDO, e conozoos personalmente e arrasan, son os mellores e punto. Claro que pavaroti canta mellor que jorge, non te fastidia…. Me gustaría que estuvieses en la última fiesta de boqueixón hace un mes y poco… parís y panorama, cuando jorge cantó NESUM DORMA, al acabar le aplaudieron a arrebentar, me dejó flipada, pero bueno, con este comentario QUIERO ACABAR con todos estos rollos. Cada uno tiene sus gustos y punto.

Decesures · 29-08-2009 a las 00:56

En fin xentiña de verdade que Erika falar así de PANORAMA PARIS E OLYMPUS dame pena…pero por Deus pensa antes de falar e mira cantos fans teñen cada un vale? porque estades aqui falando de algo que lel gusta á maioría vale? e que saibades que son a 1:55 e está panorama na galega POR ALGO SERÁ!!!

erika folgar · 29-08-2009 a las 10:49

La cantidad no define la calidad,el que no piensa antes de hablar es usted.Tambien antiguamente los circos romanos se llenaban de gente para presenciar ejecuciones y peleas de gladiadores y eso no quiere decir que eso estuviera bien.También Silvestre Stallone es un actor que vaya por Dios,y fué muy taquillero,y nunca le dieron un oscar.Y si está en la TVG otra vez corresponde a otros motivos….
No se que estudios musicales tienes para juzgar a otras orquestas,pero yo tengo 8 años de estudios musicales y creo que tengo algo de oido para poder diferenciar los que saben tocar a los solo hacen barullo encima de un escenario.

Moixo · 29-08-2009 a las 11:36

Non é por nada, pero Don Sylvester Stallone ten un oscar e dúas nominacións. Un pouco de respeto polos grandes do cine…

erika folgar · 29-08-2009 a las 13:22

stallone tuvo una nominacion como actor en Rocky I ,pelicula que llevó el oscar a la mejor película,pero el oscar en la categoria de actor nunca lo recibió.informase antes.

Decesures · 29-08-2009 a las 23:43

Como anda «erika folgar» todo o sabe e todo o entende. Agora resulta que a cantidade non define a calidade jaja eu só repito que por algo terá tantos fans e anda a xuntar tanta xente alí onde van non? pero bueno xa non digo máis que parece que os demais non temos estudos…

Moixo · 31-08-2009 a las 10:06

O oscar que lle apunto a Stallone é o de mellor película, porque a película é súa completamente, dende o guión (polo que tamén estivo nominado) ata a actuación (a outra nominación).

Hitchcock non ten ningún oscar como director (ten un á mellor película, porque ás películas que dirixía tamén era completamente súas) e eso non quere dicir que o faga mal.

Eu informome muller, pero con informarme non me refiro a ler por riba o que pon a wikipedia.

Un saudiño dende Nova Iorque.

sobreiras · 31-08-2009 a las 10:48

Os mellores e máis grandes, AMERICA E A SINTONIA DE VIGO

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.