Aparece na Excravitude o panadeiro desaparecido.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 20 horas desta tarde, un veciño de San Clemente que viña de visitar a un familiar enfermo en Santiago, decatouse de que Juan Carlos Arca Fixo ía camiñando pola Escravitude e recolleuno no seu coche.
? parecer Juan Carlos camiñaba con normalidade é o seu estado aparente era bo, aínda que a familia considerou moi estraño o seu comportamento. Manifestou o xove que fora a dar unha volta sen máis, e que a chave do coche quedara no seu interior. Non era consciente de que a súa desaparición causou unha grande mobilización na súa busca.
Juan Carlos Arca foi trasladado ao Hospital de Montecelo en Pontevedra, para lle realizar as probas médicas oportunas.
Xa ás oito da tarde estaban a rematar por hoxe os labores de busca na zona dos Martores e San Clemente nos que participaron unhas 150 persoas que «peitearon» unhas 100 hectáreas de monte. Estábanse a preparar os labores de busca de mañá.
A boa nova foi moi celebrada na comarca, esperando agora que se aclaren as circunstancias dun suceso realmente estraño.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.