Celebran esta noite unha sardiñada popular na praia fluvial de Vilarello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A praia fluvial de Vilarello acolle esta noite unha sardiñada popular, a denominada ??Festa do Peregrino?, que habitualmente se celebraba coincidindo co remonte do Ulla, aínda que este ano decidiu aplazarse unhas semanas para non contraprogramar ás festas de Campaña.
Organizado polos veciños e subvencionado polo Concello de Valga, o festexo soe congregar na zona a máis de medio milleiro de persoas, tanto veciños de Vilar e Vilarello como doutros lugares de Valga e incluso de municipios próximos como Pontecesures, Dodro ou Padrón. Será cara as nove da tarde cando comecen a repartirse entre os asistentes os arredor de 140 quilos de sardiñas, que previamente serán asadas polos organizadores en tres parrillas.

Este produto acompañarase doutros, como cen quilogramos de pan de millo e entre corenta e cincuenta empanadas de carne, apunta Miguel Blanco Souto, un dos organizadores desta celebración popular, que indica tamén que ??a xente vai poder comer a fartar?. Todo isto regado por uns douscentos litros de viño.

Unha charanga animará o ambiente coa súa música e, para poñer o colofón á velada, elaborarase unha queimada con dúas garrafas de caña e que tamén se repartirá de forma gratuita.

DIARIO DE AROUSA, 08/08/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.