A cúpula «Caixanova na rúa» está en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Esta cúpula con talleres de ciencia/maxia, experimentos, etc. foi instalada hoxe no adro da Iglesia Parroquial. Tamén estará mañá martes, día 11 de agosto.
O horario ámbolos dous días, é de 11:30 a 13:30 e de 18 a 21 horas.
O custo da instalación e do persoal da cúpula é afrontado por Caixanova en virtude do acordo asinado co Concello de Pontecesures. Este só corre coa vixilancia dos elementos.

Esta mañá foron bastantes os nenos/as que visitaron a cúpula. Principalmente asistiron aqueles que participan nas actividades dos «Concellos saudables» programa que se desenvolve en Catoira, Valga e Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.