O concello contratará a un conserxe e dous auxiliares administrativos.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO GOBERNO LOCAL DE PONTECESURES.

Con satisfacción recibimos a nova de que a Consellería de Traballo e Benestar Social concedeu ao Concello de Pontecesures unha subvención de 21.428,56 � para contratar, a través dos Programas de Cooperación 2009, 3 desempregados durante 6 meses.

En concreto, o persoal a contratar é:

– 1 Conserxe para edificios municipais cunha retribución de 914,31 â?¬ mensuais, segundo o convenio de oficinas e despachos.
– 2 Auxiliares Administrativos para a biblioteca municipal e para a Casa do Concello cunha retribución de 894,63 â?¬, segundo o convenio de oficinas e despachos.

No día de hoxe, vaise presentar a oferta na Oficina de Emprego de Vilagarcía de Arousa, onde se solicita que se envíen 4 aspirantes por praza, logo de facer, na oficina da Administración Autonómica, a preselección correspondente.

A elección definitiva dos 3 traballadores será realizada por un tribunal nomeado polo Concello.

Faise un chamamento ás persoas interesadas para que actualicen na Oficina de Emprego de Vilagarcía os datos persoais e profesionais co fin de optar a estas prazas.

Pontecesures, 12 de agosto de 2009.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.