O Náutico de Pontecesures estará representado na Copa Galega de Rios e Travesías.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A Copa Galega de Ríos e de Travesías concentra esta fin de semana a actividade dos clubs arousáns. Hoxe, na Ría de Pontevedra, e mañá, en Tui.
As Torres-Romaría Vikinga agarda dar un golpe definitivo na súa loita co Tudense polo campionato autonómico. Esta mañá, desde as praias de Baltar (Portonovo) e de Raxó (Poio) sairán as 109 piraguas que aspiran a coroarse nunha nova edición do Trofeo Príncipe de Asturias para embarcacións cuádruples. Cadetes, xuvenís e séniores masculinos e femininos compiten sobre unha distancia de catro quilómetros, co As Torres presentando nove piraguas. O Náutico O Muíño e o Piragüismo A Illa participan con media ducia cada un, mentres que o Breogán, con dúas, e o Náutico Pontecesures e o Cambados, cunha, toman parte cunha representación testemuñal. Tres equipos lusos e un arxentino danlles á cita carácter internacional, que se estende mañá ao Descenso do Miño de Tui.
Na localidade sureña serán case 400 os piragüistas participantes, en barcos individuais e dobres cadetes, xuvenils e séniores sobre un traxecto de 14 quilómetros. E de novo As Torres encabeza a armada arousá, con 17 embarcacións, polas trece da Illa e as doce do Muíño. Breogán, Cambados, Pontecesures e Piragüismo OGrobe tamén estarán presentes.

LA VOZ DE GALICIA, 15/08/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.