Medio Rural encargarase da pavimentación e reforma dunha pista na Toxa.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Despois de ter a confimación das obras do PEIM 2009, e de anunciarse que Medio Rural vai acometer da plaza Ángel Doce na Subida a Requeixo de San Xulián, a mesma consellería confimou que tamén vai executar la obra «Reforma e pavimentación de pista na Toxa (Pontecesures)» cun importe aproximado de 20.000 euros. Deste xeito vaise rebaixar o fime nunha pista duns 90 metros lineais no Outeiro (interior da Toxa), eliminando a forte pendiente que ten na parte central que dificulta o tráfico de vehículos e peóns, e botando un novo pavimento.
Logo da solicitude da actuación realizada polo primeiro tenente de alcalde. Rafael Randulfe, a aceptación foi comunicada pola consellería á alcaldesa e á concelleiro de relacións institucionais. Luis Sabariz, matizando que se espera que a obra sexa adxudicada antes de rematar 2009, confimando a boa nova o Delegado Teritorial da Xunta, Cores Tourís na xuntanza que mantivo hoxe coa alcaldesa, María Isabel Castro.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.