Nunha gamberrada, arroxan a estrutura dun posto ambulante a unha finca particular en Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Durante a pasada noite, na que se celebrou en Porto a primeira das verbenas das festas de San Roque, foi arroxada de madrugada a estrutura dun pequeno posto ambulante de venda de productos á finca de Alfonso Gasamanes na rúa dos Mariñeiros en Porto.
Tamén foron arrincadas prantas de millo e de verdura en fincas particulares que foron deixadas no firme das rúas Carlos Maside e Namorados.
Por último, dicir que tamén desapareceu un sinal de tráfico provisional que se atopaba nunha valla instalada na rúa Carlos Maside.
Ao marxe destas gamberradas, a festa desenvolveuse con total normalidade.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.