Excursión para maiores do Concello de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Está prevista para os días 2, 3 e 4 de outubre, co destino que teña máis solicitudes dos dous que se propoñen:

Destino ASTURIAS.
Saída o venres ás 7:30 horas dende A Plazuela, dirección Oviedo, con parada en ruta. Xantar en Sª Eulalia de Morcín, Visita a Oviedo (catedral de S. Francisco, teatro Campoamor, etc..). Chegada ao hotel, distribución de habitacións, cea e aloxamento.
Sábado: Almorzo no hotel. Saída cara a Covadonga. Visita ao Santuario, Subida aos Lagos (opcional por conta do usuario). Xantar. Visita a Cangas de Onís. Visita ao Museo da Minería, regreso ao hotel e cea.
Domingo: Almorzo no hotel. Visita a Xixón. Regreso ao hotel, xantar e regreso a Pontecesures.
Prezo: 99 euros de cota xeral (inclúe todos os custos: guía, autobús, entradas, xantar, seguro de viaxe…). Prazas limitadas.

Destino TOLEDO.
Saída venres ás 7:30 da mañá dende A Plazuela dirección Segovia, realizando paradas. Xantar en Segovia. Visitas ao Alcazar, ao Acueducto e á Catedral. Saída cara a Toledo, chegada ao hotel, distribución de habitacións, cea e aloxamento.
Sábado: Almorzo no hotel e visita a Toledo. Xantar no hotel. Continuación da visita a Toledo, Alcazar, Catedral, Casa de El Greco…Regreso ao hotel, cea e aloxamento.
Domingo: Almorzo no hotel, saída con visita ao Monasterio do Escorial. Xantar e regreso a Pontecesures, con paradas no camiño.
Prezo: 189 euros de xota xeral (inclúe todos os custos: guía, autobús, entradas, xantar, seguro de viaxe…). Prazas limitadas.

Inscricións ata o 8 de setembro.
Os requisitos son seren maior de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidas deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.
Os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.
Máis información: de 9:00 a 13:30 horas no Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.