A Plataforma «Salva o Tren», presenta un traballo na Facultade de Filosofía da USC.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O Coordinador da Plataforma polo Tren de Proximidade en Galicia «SALVA O TREN» formada por varios colectivos anuncia a presentación oficial do traballo «Un século de abandono do ferrocarril en Galicia. Situación actual do servizo ferroviario no Eixo Atlántico» levado a cabo por expertos da plataforma. O acto será o venres día 4 de setembro de 2009, ás 18 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago situada na Praza de Mazarelos.
O traballo divídese nun prólogo, a presentación de variables, as estacións obxecto de estudo, a táboa comparativa con valoracións por estación, as conclusión e as reflexións.
Rematada a exposición, habera unha quenda de rogos e preguntas.

Categorías: Sociedade

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.