O cesureño Adán García Janeiro gañou unha proba de Acuatlón en Vilagarcía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Acuatlon

Vemos áo xove de San Xulián á fronte do segmento da carrera a pé.

As previsións da Fundación de Deportes local cumpríronse, e o domingo Vilaxoán congregou a medio cento de participantes na primeira edición do Acuatlón Concello de Vilagarcía. ?scar Castro Toucido, que competía na categoría A para rapaces nados entre 1993 e 1991, impúxose na meta ao resto dos competidores tras percorrer os 3,6 quilómetros do primeiro segmento de carreira a pé, os 600 metros da proba de natación e os 1.800 metros que, de novo en terra, tiveron que cubrir os competidores para completar o acuatlón. En categoría feminina o triunfo foi parar a Lorena García Gago, con Míriam Viéitez Porto ocupando o segundo caixón do podio.
Tras ?scar Castro, na categoría masculina A remataron Ismael Viéitez Porto e Iván Castro Toucido, mentres que na categoría B, para deportistas nados de 1990 para atrás, a victoria foi para Adán García Janeiro, acompañado no palmarés por Adrián Castiñeiras Buján, segundo, e por Alberto Álvarez Bendaña, terceiro.
O Acuatlón Concello de Vilagarcía desenvolveuse nas rúas Paseo Ramón Patiño e Preguntoiro, nos segmentos de carreira a pé, e mais na praia vilaxoanesa. A Fundación de Deportes, organizadora da proba, decidíu optar este ano por non organizar a que tería sido a oitava edición do triatlón do Concello vilagarcián e montar o acuatlón a modo experimental.

LA VOZ DE GALICIA, 02/09/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.