O venres día 11, asemblea extraordinaria dos socialistas cesureños.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Terá lugar no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián 4) ás 21 horas do venres 11 de setembro, para elixir os dous delegados que lle corresponden para o Congreso Provincial.
Logo da constitución da asemblea e da elección dos membros da mesa serán elixidos os delegados/as. Para rematar haberá análise e debate en relación coas propostas enviadas e votación de emendas, no seu caso.
No local provisional do partido (Camiño de San Xulián nº 9), poden presentar os militantes candidaturas para delegados o luns 7 de setembro, entre ás 19 e as 20 horas.


5 comentarios

piris · 8-09-2009 a las 10:01

¿Que fai Sabariz informando das reunións dos socialistas? ¿Xa se arrepinteu de apoiar a extrema dereita para a alcaldía e quere facer meritos? ¿ou quere convertirse en Piñeiro Ares II , que era alcalde e periodista a misma vez?

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-09-2009 a las 14:29

Pois dende este medio informo de novas de todo tipo de asociacións, colectivos, etc…
Obviamente, «piris», as asambleas dos partidos políticos a nivel local teñen o seu interese. ¿Que quero facer méritos?… e ¿diante de quen?. Non teño nada de que arrepentirme. Todo quedou moi explicado pola miña parte.
Home, «piris», a periodista non cheguei e a alcalde tampouco. Trato de informar das novas coa miña mellor intención. Iso penso que non debe de molestar a ninguén. Pero vexo que hai xente que segue a páxina e non lle gusta ler determinadas novas. Pois o que debe facer e «saltalas» e continuar lendo as seguintes.

Tiroliro II · 11-09-2009 a las 17:05

Volven como sempre os socialistas cesureños, silencio, a peña de sempre, que non se sepa nada, os da familia

Un chien andalous · 12-09-2009 a las 20:01

…os da «famiglia», de pena, de verdadeira pena, despois do trato recibido, desprezo á cara, desautorizacións, avergonzamentos, ¿a quén lle demostrades lealtade?, fostedes «socialistas cesureños» verdadeiramente maltratados, bilipendiados, denostados, desprazados,fusilados por diante e por detrás, ¡dignidade! ¿para quén traballades?

sobreiras · 12-09-2009 a las 22:09

Non sei que clase de socialistas son estes, que nin foron a festa hoxe a Vilagarcia, andaban todos por aquí. Estes nin son traballadores, nin son festeiros, nin son nada. ¿ Cando vichedes que esta xente fixera algo polo seu pobo?. Só saben mirarse o ombligo, nunca fixeron nada ni no farán, nin polo deporte, nin polo comercio, nin polas festas, nin polo tren, nin pola educación…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.