A GA?ADORA DO APOLOGHIT 2009,? NATURAL DE VALGA E CHAMASE SILVIA CERNEIRA (A BANDA DA BALBINA)

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Xunto con Ramón Raíndo, acaba de gañar a cuarta edición de ??A Polo Ghit?? coa súa canción ??O fillo do mar??, un tema cargado de retranca sobre as herdanzas. O concurso, organizado polo portal web Vieiros e a Radio Galega, ofrece tamén un panorama da música que están a facer grupos novos como Banda Potemkin, O Sonoro Maxín ou Fracasados de antemano

Non hai verán que sexa tal se non vén coa verbena da man». E este ano, o ghit do verán pariuno A Banda da Balbina. O Fillo do Mar é o título da canción co que Ramón Raíndo e Silvia Cerneira, compoñentes do grupo, convidan a mover o corpo ??retranqueando?? as leas das herdanzas. Aínda que a cuarta edición de A Polo Ghit, o concurso organizado polo portal web Vieiros e a Radio Galega, recibiu menos cancións ??58??, as letras volven ser orixinais e sorprendentes.

Á final do certame chegaron cinco temas elixidos polo público e outros cinco por un xurado composto por Belén Xestal e Alberto Dopico (do programa da TVG Quen Toca?), Alberto Rivero (Radio Galega) e o humorista Roberto ??Tonecho?? Vilar. Os votos a través de Internet foron parar maioritariamente a Lonxe da praia de Lolo Arincón pero os gañadores fi A Banda da Balbina. Falamos con Silvia Cerneira, a voz e compositora de A Banda da Balbina que declara a verbena como parte importante do ADN mitocondrial dos galegos.

Como decidides crear A Banda da Balbina?

Pois naceu o ano pasado para presentar unha canción ao ??A Polo Ghit??. O nome naceu da ??Estomballada??, o título do tema que presentamos o ano pasado, que falaba do traballo que se leva a cabo no rural. Din que é moi bonito ir á vila e á aldea de vez en cando e estar alí de vacacións, pero ninguén quere traballar no campo, loxicamente, polo que esixe de esforzo. A canción falaba da xente do campo, era a historia dunha moza que tiña que traballar na leira e non lle apetecía absolutamente nada. Entón, pensando no libro ??Memorias dun neno labrego?? no que o rapaz protagonista se chamaba Balbino, decidimos poñerlle A Banda da Balbina, unha rapaza da aldea. Este ano, como mantiñamos a liña musical e das letras que falan do que lle pasa á xente do rural, decidimos manter o nome.

As dúas cancións, tanto a deste ano, ??O fillo do mar?? como ??Estomballada??, teñen en común non só que falades da vida no rural senón tamén a música da verbena.

Si, aínda que a música deste ano é totalmente diferente á do ano pasado, están relacionadas en que son músicas de pachanga, para bailar e divertirse, que é o que queremos coa nosa banda.

Ti encárgaste de compoñer as letras e Ramón da parte musical.

Si, temos o traballo así repartido. Eu fago as letras aínda que é unha cousa conxunta porque cando escribo algo el sempre me dá ideas.

Ambos traballades en orquestras, non?

Si, Ramón está traballando nunha orquestra pero eu xa non, deixeino en marzo deste ano.

De aí sae a influencia da vosa música?

Ben, realmente, a idea xurdiu o ano pasado porque nas orquestras sempre escoitas o mesmo. Hai xente que se queixa diso, pero realmente, ao final, a xente o que quere oír son sempre as mesmas cancións. Pasa con temas como ??El de los ojos negros?? que había que cantala polo menos tres veces, aínda que os cantantes e os músicos da orquestra estabamos até as narices desa canción. Normalmente, gústache cantar outro estilo de música. Se tes unha boa voz gústache cantar baladas e lucirte como músico e cantante. Pero a realidade que eu vexo é que á xente o que lle gusta é bailar e desfrutar. Cando está de festa, está de festa e quere divertirse. Por iso tiramos por esa liña xa que a canción que presentabamos estaba feita para o verán, que é unha época de festa aínda que algúns teñan que traballar. Ao mellor, na orquestra, dislle ao xefe ou arreglista: a min gustaríame cantar esta canción de Malú ou de Whitney Houston pero ao final, a xente o que quere é esta de ??Cada día máis linda, máis linda?? ou o ??Polvorete??. A xente está para pasalo ben, non para escoitar letras.

De feito, o obxectivo de ??A Polo Ghit!?? é buscar a canción galega do verán.

Claro, claro. Eu tiña as ideas moi claras. Ramón xa se presentara outros anos pero con outros proxectos e facendo outro estilo de música. Eu son máis pachangueira, a verdade. Dicíame Ramón: «Ti, que tes letras de cancións feitas e que son do estilo do verán, podías presentalas». A verdade é que foi un concurso non feito á medida pero unha oportunidade para presentar o que faciamos.

Dis que para vós é unha oportunidade, como viches o nivel musical deste ano no ??A Polo Ghit???

Pois, no ámbito musical, o concurso mellorou moitísimo porque moitos eramos grupos que xa nos presentaramos o ano pasado. Aínda que A Banda da Balbina é recente, pois este é o segundo ano que nos presentamos. Pero había grupos que levaban presentándose anos atrás e nótase xa a calidade das composicións. Iso, contando con que somos grupos que, a maioría, non temos cartos para gravar a canción nun estudio. Cada un grava co que pode e co que ten e aínda así a calidade musical da xente que presentaba os temas mellorou moitísimo. Este ano foron moitos menos os grupos pero a calidade mellorou bastante.

A partir de agora xa estades pensando en editar un disco e en comezar a tocar pola vosa conta.

Ben, nós xa tiñamos pensado aínda que non gañaramos, como temos algunhas letras, xa falaramos de grabar un disco caseiro e intentar movelo por festivais de verán. Gañar sempre che pon as cousas máis fáciles. Xa de premio tes concertos e resulta máis fácil darte a coñecer.

Que a vosa canción so.ne a través da radio supoño que vos facilitará moito poder difundila por toda Galicia.

Si, a Radio Galega e as radios en xeral axudáronnos moito porque o ano pasado nós non quedamos nin de finalistas coa ??Estomballada??. Porén, os medios seguíana movendo. Para os grupos de música que facemos cancións en galego e que somos xente que nos dedicamos a outra cousa e que nos gusta dedicarlle o tempo que temos libre á música en galego son moi importantes os medios de comunicación. Neste caso, ao ser música, a radio inflúe moito máis. Nós facemos música pero se non temos quen a mova non nos serve de nada. Para iso, o ??A Polo Ghit!?? é un trampolín e a Radio Galega está apoiando isto bastante.

Que pensades das críticas que se lle fan ao concurso, sobre o sistema de votacións, que a fórmula está resesa ou que a música dos grupos non acaba de chegar ao gran público?

Eu non sei se é o xeito de facelo ou non pero de todos os xeitos, todos os concursos reciben críticas, dá igual que sexa o ??A Polo Ghit??, ??Operación Triunfo?? ou ??Eurovisión??. Sempre hai xente que vai a criticar o modo de votar. Pero hai unha cousa que está clara: cando presentas unha canción a un concurso tes que ler as bases. Se che interesa preséntaste e se non, non. Todo se pode mellorar, e o ??A Polo Ghit!?? non ten un gra premio como teñen outros concursos de música pero se te fixas todos os concursos teñen algo que criticar. Internet é difícil de delimitar tanto para recibir como para mandar información. Non sei cal sería a fórmula adecuada de votar pero moitos presentámonos porque é un trampolín que temos e aceptamos as bases.

As dúas cancións que coñecemos de A Banda da Balbina teñen unha boa dose de retranca. O resto do voso repertorio segue esa liña?

Si, gústanos contar historias, á parte de que a música sexa pegadiza e che faba mover aínda que só sexa un pé se non es moi bailador. Gústanos as cancións cun pouco de retranca, coas que á xente lle gusta sentirse identificada. Eu, pola experiencia que teño nas verbenas, creo que á xente lle gusta escoitar cancións que sabe e pode cantar. Gústalle escoitar cancións coas que se sintan identificados ou que lle fagan lembrar algo da súa vida. Nós, co tema da ??Estomballada?? atopamos que moita xente se sentía identificada. E con esta canción tamén, porque é un tema que se adoita dar no rural e en todos lados. Sobre todo, con sentido de humor. O resto das nosas cancións van por aí: son temas costumistas, do rural, do pobo, dos que a xente poida dicir que coñece un caso parecido.

Para vós ten algo de compromiso compoñer cancións en galego?

Si, eu se quero contar algo que me pasou a min, a miña realidade que me rodea non está fóra de Galicia. ? como un escritor que conta unha historia sobre algo que lle resulta próximo. Eu teño que falar de cousas que me quedan cerca. E o que me rodea está en Galicia. Os que facemos música en galego temos menos medios de difusión que os que fan música en castelán, que chegan a máis xente. Pero eu non podo cantar cousas que pasan fóra cando a min o que me pasa e me rodea está aquí.

Moi personal

A Banda Balbina creárona nos Ánxeles (Brión) Silvia Cerneira, de Valga, e a súa parella, Ramón Raíndo, da Pobra do Caramiñal. Silvia é técnico en animación sociocultural, pero tamén traballou como cantante en orquestras. Gústalle ler, ir ao cine e ao teatro ??é actriz de Teatro do Cachuzo?? e defínese como ??pachangueira??. Ramón ten estudos de guitarra clásica e de jazz e traballa en orquestras.
Fonte : El Correo Gallego 6-9-2009

.Dende aquí a miña felicitación toda unha artistaza todoterreo,Silvia Cerneira e ós seus compañeiros,xa que o premio é totalmente merecido.Noraboa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.