María Casal, pintora de Catoira:»Son autodidacta e gústamen inventar os meus cadros abstractos».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Maria Casal

Esta fin se semana inaugurouse no Hostal dos Reis Católicos unha exposición de pintura de María Casal (Catoira, 1955), que reúne co título Definicións e incertezas unha selección de vinte cadros. As obras de técnica mixta, abstractas e cun gran colorido, transmiten, segundo a creadora, un estado de ánimo ficticio.
-¿Hai que entender que non estaba tan alegre como din os cadros?
-Exacto, son cadros cheos de color e moi vivos, pero eu non me sentía así cando os pintei. Pinteinos precisamente para sobrepoñerme, buscando na pintura algo que non estaba dentro de mín. Son autodidacta e gústame inventar os meus cadros abstractos, que é o estilo no que traballo a gusto.
-A mostra coincide coa dos premios Bancaja, para a que seleccionaron un cadro seu. ¿Significa un salto adiante na súa carreira?
-Polo momento non o percibo así, aínda que moitas persoas me din que é un gran paso. Non teño asumido que sexa importante, e en calquera caso prefiro ir a modo co que fago.
-¿Pinta por afección ou vive diso?
-Empecei a pintar hai moito por gusto e por afección, pero dende hai uns anos a pintura converteuse no meu traballo porque ademais de pintar imparto talleres para nenos.
-Tamén fai escultura.
-Pero só porque me gusta investigar con todo e buscar cousas novas, pero non a tomo demasiado en serio. Pásoo ben, pero só fixen catro pezas. O que me interesa de verdade é pintar.

LA VOZ DE GALICIA, 08/09/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.