Un valgués revoluciona a física cun traballo sobre a magnetorresistencia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Alpi

Alberto Piñeiro Rodríguez, nacido en Campaña (Valga) hai 25 anos, acaba de facer historia ó gañar o premio David Prize ó mellor póster de teoría presentado de xeito individual no congreso Trends in NanoTechnology 2009, celebrado en Barcelona, con carácter internacional. Os outros premios foron parar a franceses, canadianos, alemáns, holandeses, fineses e españois.
«O traballo plo que me deron o premio está baseado en resolver o cuarto problema físico máis importante da década segundo a American Physical Society (APS), que é o da separación das fases nuns materiais denominados manganitas, e que consiste en entender como xorden certas fases magnéticas e eléctricas ordeadas observando o cambia do dopado preto dun punto crítico ben determinado experimentalmente» explica dende a Facultade de Física de Santiago. Nestre centro licenciouse en 2006 e nel está elaborando a tese de doutoramento, que prevé rematar dentro de ano e medio. Así mesmo, traballa como investigador da USC no equipo do profesor Daniel Baldomir, que «ten una calidade humana e científica moi elevada».
Aínda que ó comun dos mortais a descrición dos traballos que lle dou o premio les sone a chinés, Alberto Piñeiro explica que «ademais de axudar á optimización da tecnoloxía das baterías dos teléfonos portátiles (entre outros aparellos electrónicos) para almacenar a enerxía coa que surten o dispositivo, farase posible un salto cualitativo nas memorias dos ordenadores portátiles, que tamén son magnéticas». Noutras palabras, «esta tecnoloxía pode rachar coa sociedade»
A propiedade física que está detrás diso coñécese como magnetorresistencia e tamén pode servir nun futuro para «detectar campos magnéticos moi pequenos como a posición dun vehículo» e tamén explica o fenómeno da conductividade, presente en trens magnéticos que levitan sobre os raís e dos que xa se construíron prototipos en Alemaña e Xapón.
Alberto Piñeiro séntese «moi contento» de lograr o David Prize e confesa que, cando o xurado empexou a dicir o nome do seu traballo, non o cría. «� principio pensei que era un erro, pero logo a satisfaciión foi tremenda. Cando se recoñece o traballo séntese inmensamente feliz».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 16/09/09


1 comentario

celtaxxi · 16-09-2009 a las 16:12

Noraboa Alberto, demostrando que no terreo científico non fai falta ir buscar fóra o que xa se ten na casa.

Saúdos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.