Un día de malla e festa en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Malla

Por terceiro ano consecutivo o patio do colexio Xesús Ferro Couselo de Valga serviu para escenificar a malla do trigo, unha vella tradición agrícola do municipio que o Concello optou por recuperar para que as novas xeracións coñezan como se traballaba antano o campo, cando a moderna maquinaria actual non existía ou estaba ao alcance de moi poucos. Foi unha mañá diferente para arredor de 160 rapaces de Valga e de Bertamiráns, pero tamén para o grupo de maiores e representantes de diversas asociacións do municipio que participaron e se encargaron do traballo duro: mallar o trigo. A choiva, que ameazaba con estropear a xornada, agardou ao remate da actividade.

Os manles, aparellos tradicionais cos que se realizaba a malla do trigo, voltaron onte a bater no patio do colexio Xesús Ferro Couselo de Cordeiro, que acolleu por terceiro ano unha das actividades máis espectaculares do Festival Interxeracional de Valga. Dez malladores puxéronse mans á obra e ofreceron aos escolares toda unha lección práctica de como se traballaba o campo antano, sen máquinas nin avances que puideran facilitar o labor dos labregos e veciños en xeral.
A malla do trigo presenciárona uns 160 rapaces: todo o alumnado do colexio Ferro Couselo ­arredor de cen nenos­, outros trinta de Baño e 32 chegados dende o centro Agro do Muíño de Bertamiráns, acompañados por tres profesores. Algúns ataviados con traxes que simulaban a vestimenta de hai décadas, presenciaron como os malladores, de forma sincronizada, ían batendo sobre o trigo para separar o grao da palla. Pero tamén as mulleres se animaron a coller os manles e, cara o final, demostraron que tamén elas son capaces de mallar como a tradición manda.

A media mañá, unha merenda a base de galletas surtidas, viño doce, caña e licor de herbas permitiu repoñer forzas para botar despois o berro de ??Mulleres á eira?, e comezar así a escolmar o trigo, movendo a palla para que o todo o grao caia. E todo amenizado coa música e os cánticos de seis pandereteiras que tiveron axuda á hora de entonar as súas coplas, xa que a este grupo de mulleres uniuse tamén unha pequena representación de alumnas coas súas respectivas pandeiretas.

Vellos tempos.
Esta actividade, impulsada polo Concello a través do departamento de Cultura, busca recuperar parte do patrimonio cultural inmaterial do municipio de Valga, pero non só sirve para iso, senón que os maiores que participan atopan neste tipo de eventos unha forma única de recordar os vellos tempos.

? o caso de ??Carmucha? Saborido Eiras e Herminia López, que lembraban con nostalxia que o da malla ??era un día de festa. Traballabamos, pero tamén nos divertiamos?. Trala malla aínda quedaban tarefas pendentes: limpar o millo e moelo para despois ??facer pan, empanada, bizcoitos ou o que se quixera. E con todo iso, sentarse a comer?, relatan. Ademais, cren que o trigo que se producía artesanalmente permitía elaborar produtos moito máis saborosos: ??Aquel si que era pan, e non o que se fai agora?, din mentras lamentan que ??os rapaces de hoxe só queren pizza e salchichas?.

Outro dos protagonistas da mañá foi ??Xosé do Rato?, que é un fixo nestas recreacións da malla que se fan en Valga. Non falta nunca e onte non foi unha excepción: ??Estou no Centro de Día e hoxe xa avisei que non ía para vir mallar?. Aos seus 91 anos aínda colle o manle con estilo e bate con forza no trigo como se fose un rapaz. ??Aos vinte anos empecei a mallar e aínda conservo o manle daquela época?, comenta mentras amosa o seu apeiro con orgullo.

Tamén el recorda aqueles tempos con certa nostalxia: ??O día da malla era un día de festa. Iso si, tamén traballabamos moito. Gañabamos catro pesetiñas e, como eran traballos ó mantido, comiamos un pouco de cocido en empanada?. O caldo non o houbo onte, pero polo demais, Valga volveu por uns instantes aos tempos antergos para que as novas xeracións coñezan algunhas das tradicións da súa terra.

DIARIO DE AROUSA, 17/09/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.