BALONCESTO: AS NENAS DO EQUIPO INFANTIL ABREN A TEMPORADA OFICIAL 2009-10 ESTA PROXIMA FIN DE SEMANA

Publicado por fru en

O equipo infantil feminino do noso club abre a temporada oficial 209-10 esta vindeira fin de semana, probablemente o sabado 26 ás 12 do mediodia en Pontecesures, no 1º partido da fase clasificatoria zonal arousana de clasificación á liga galega. Dita fase, a xogar ata finais de outubro, permitirá que o 1º clasificado da zona de Arousa teña opcións de clasificarse para a liga galega, para o que tería que eliminar ó ultimo do «grupo especial»  onde están equipos de mais nivel (Cortegada, Arxil, celta de Vigo, etc…). Nunha eliminatoria a principios de novembro decidirá quen entra na liga gaklega 2009-10.

O equipo conta cas baixas das nenas que pasadron de categoria, así coma Raquel Diz, fichada no Cortegada. Suben ó equipo varias das alevíns. De momento son 10 as nenas que forman o plantel, ás que se unirán as alevíns de ultimo ano.

Nesta liguilla o equipo xogará contra Peixegalego de Marín, este sábado. Logo ten que xogar co Cortegada B, Arxil B, Meco de O Grove e Xuven de Cambados.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.