BALONCESTO: AS NENAS INFANTÍS ABREN A TEMPORADA OFICIAL 2009/10

Publicado por fru en

Será mañá sabado a partir das 12 do mediodia cando se inicie unha nova temporada de baloncesto. Neste caso o equipo infantil feminino disputará o primeiro encontro da liguilla de clasificación para a liga galega. O lugar será o polideportivo de Pontecesures, contra un novo equipo na categoría, o Marín peixegalego. Apenas se teñen reerencias deste equipo, sabendo que xogaron pro priomeira vez federadas a temporada pasada en alevíns. As rapazas de Antonio son as primeiras en iniciar unha nova temporada de xeito oficial para o Extrugasa Rio Ulla.

 

Tamén o equipo senior vai disputar o seu primeiro encontro, e tamén o vai facer mañá sábado a partir das 19 h. en Pontecesures. Será un partidillo de adestramento contra o equipo veciño de Padrón, equipo que se acaba de renovar, contando con  moita xuventude nas súas filas. Tamén no Extrugasa Rio Ulla terán ocasión de xogar moitos minutos as novas fichaxes do equipo, tendo en conta que mañá varios dos veteranos do equipo no van xogar. Así, programous este partidillo non oficial para ir acoplnado ós novos é quipo. Ditas pachangas esperámolas repetir algunha outra vez ó longo do ano, sobre todo nestes meses iniciais para ir collendo ritmo de xogo, e probar defensas e ataques, sendo menos importante o resultado final destes partidiños.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.